18:00 horas
Presentación
Carme Adán, coordinadora da Sección de Pensamento do CCG
18:15 horas
Proceso xudicial, fake news e xuízos paralelos: unha visión dende Catalunya
Jaume Alonso-Cuevillas i Sayrol dialoga con Xoán Antón Pérez Lema
Jaume Alonso-Cuevillas i Sayrol
É avogado en exercicio desde 1984. Catedrático de Dereito Procesal da Universitat de Barcelona.
Entre os cargos exercidos ao longo da súa carreira atópanse os de decano do Il·lustre Col·legi d’Advocats de Barcelona (1997-2005), presidente do Consell de l’Advocacia Catalana (1999-2000), conselleiro e vicepresidente do Consejo General de la Abogacía Española (1997-2005), presidente da European Bars Federation (Federación Europea de Colexios de Avogados 2005-2007), membro do Consell de Justícia de Catalunya (2002-2004), académico electo da Reial Acadèmia de Doctors (2005), membro do Consell Rector de l’Observatori de Dret Privat de Catalunya e experto xurídico da Unión Europea (programa MEDA) en arbitraxe internacional. Nas súas responsabilidades institucionais figuran as de deputado do Parlament de Catalunya. Junts per Catalunya (Lexislaturas XIII e XIV): presidente da Comisión de Acción Exterior, Transparencia e Cooperación, voceiro da Comisión de Interior, vicepresidente da Comisión de Xustiza. Ex deputado do Congreso dos Deputados. G.P. Plural (Lexislaturas XIII e XIV): Voceiro daComisión de Xustiza, voceiro da Comisión de Asuntos Exteriores, voceiro da Comisión de Economía e Empresa, voceiro da Comisión de Regulamento, adscrito á Comisión Constitucional, membro da Comisión do Estatuto dos Deputados.
Autor de numerosas publicacións sobre temas de dereito procesual, dereito concursal e organización da xustiza, é colaborador habitual en diversos medios de comunicación, escritos e audiovisuais.
Xoán Antón Pérez Lema
Avogado en exercicio dende 1990 e socio-director de Perez-Lema, Avogados e Consultores, S.L dende 2009. Foi profesor da Universidade de Vigo (2000-2001), da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados (1995-1999) da Coruña e da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) a funcionarios de entidades locais (1999-2001). Licenciado en Dereito e letrado asesor de Empresas pola Universidade Pontificia Comillas de Madrid (UPC-ICADE), cursou estudos de doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela. Foi secretario xeral de Relacións Institucionais da Vicepresidencia da Xunta de Galicia (2007-2009) e xefe do Gabinete do Conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Xunta (1987-1990). Colabora como analista político en diversos medios de prensa (Radio Galega e TVG) e é secretario xeral da Asociación Galega de Consumidores e Usuarios. Membro da Sección de Pensamento do CCG; membro colaborador do Instituto Cornide de Estudos Coruñeses e secretario xeral do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA).
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205