O Museo Carlos Maside: un patrimonio Cidadán

Xornada.

O Museo Carlos Maside: un patrimonio Cidadán

27 e 28 de setembro de 2021
Santiago de Compostela / Sada
Xornada

O Museo Carlos Maside: un patrimonio Cidadán

27 e 28 de setembro de 2021 Santiago de Compostela / Sada
O Museo Carlos Maside (1970) é un dos proxectos creados ao abeiro do Laboratorio de Formas de Galicia, impulsado por Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane e un grupo de intelectuais desde o exilio republicano en Buenos Aires. A fundación do MCM supuxo a recuperación da arte galega da vangarda e a vontade por superar as fracturas do pasado recente dende a restitución da memoria histórica. O seu valor patrimonial, conformado, na súa orixe, polas doazóns dos fundadores, incrementouse cos legados de diversos exiliados, tamén de persoas e entidades interesadas no movemento renovador da arte galega a partir do seu primeiro referente, A. R. Castelao.

Os contidos e a museografía do MCM foron variando minimamente dende o traslado da colección permanente, en 1982, ao edificio actual de Andrés Fernández-Albalat en O Castro, Sada. Nel proponse un percorrido preciso, coas pezas de Castelao e do Movemento Renovador no andar baixo, autores e movementos dende a Guerra Civil ata a actualidade no andar intermedio, e unha última sala no andar alto dedicada ao debuxo humorístico e a banda deseñada. O propio Díaz Pardo supervisou a última instalación da colección, organizando as salas, a museografía, e historiando o relato da nosa arte nas cartelas e textos que aínda permanecen no espazo.

O actual estado do patrimonio material e inmaterial do Museo Carlos Maside, reclaman da sociedade civil e da comunidade académica un traballo de coidado e crítica que axude decisivamente a protexelo. Estas xornadas abordan o baleiro legal, intereses, desintereses e outros aspectos que complican a protección e conservación do importante patrimonio que custodia.

A primeira das sesións destas xornadas realizarase na mañá do luns 27 de setembro no Consello da Cultura Galega e para asistir cómpre cubrir o presente formulario de inscrición. As persoas interesadas nas restantes sesións (a celebrar no Centro de Estudos Avanzados da USC e na Biblioteca da Casa da Cultura de Sada) deberán cursar a súa solicitude de asistencia nos correos electrónicos que figuran no programa completo en pdf.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
O Museo Carlos Maside: un patrimonio Cidadán
Cando
27 e 28 de setembro de 2021
Onde
Santiago de Compostela / Sada
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Organiza
Concello de Sada
Consello da Cultura Galega
Universidade de Santiago de Compostela