Arquitectura da auga. A situación patrimonial dos balnearios en Galicia

Encontro. Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Arquitectura da auga. A situación patrimonial dos balnearios en Galicia

EMPC, 33. In Situ

Martes, 13 de xullo de 2021
Mondariz-Balneario
Encontro
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Arquitectura da auga. A situación patrimonial dos balnearios en Galicia

EMPC, 33. In Situ

Martes, 13 de xullo de 2021 Mondariz-Balneario
In Situ é un ciclo específico dentro dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural que organiza anualmente o Consello da Cultura Galega e que se realiza no lugar onde se localiza o elemento patrimonial no que se centra a actividade. Co gallo da elaboración do “Informe sobre a Fonte de Troncoso e a súa situación de emerxencia” por parte do CCG en 2020, a petición da Plataforma SOS Fonte de Troncoso pola situación de abandono que sufría este elemento, obra de Antonio Palacios e parte integrante da arquitectura da auga xerada en Mondariz-Balneario a inicios do século XX, decidimos focalizar un In Situ neste lugar co obxectivo de analizar a problemática patrimonial e de conservación que teñen moitos destes balnearios en Galicia e cales son algunhas das solucións que se veñen adoptando para a súa recuperación e posta en valor.

Os balnearios e a arquitectura do termalismo, aínda que teñen unha fonda tradición na nosa comunidade, contaron cunha etapa de esplendor nas primeiras décadas do século XX que supuxo, entre outras cuestións, a realización dunha arquitectura específica para a auga, moi característica daquel momento histórico e que hoxe esmorece en moitos lugares da nosa xeografía.

Neste In Situ queremos reflexionar arredor da situación patrimonial que teñen na actualidade estes espazos, revisando varios exemplos diferentes na súa xestión e recuperación.
ASISTENCIA
Actividade presencial.
Non é necesaria inscrición previa. A asistencia é libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.
As persoas interesadas poden reservar a súa praza remitindo un correo a mondarizbalneario.rbgalicia@eidolocal.es
Para que a súa reserva sexa efectiva, deberá recibir un correo de confirmación.
LUGAR
Sala de Cultura do Concello de Mondariz Balneario
Andar 0 do propio edificio do Concello
Rúa Constitución, nº 1
Mondariz-Balneario
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Os contidos serán gravados e estarán dispoñibles con posterioridade á xornada en www.consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Encontro.
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural
Arquitectura da auga. A situación patrimonial dos balnearios en Galicia
EMPC, 33. In Situ
Cando
Martes, 13 de xullo de 2021
Onde
Mondariz-Balneario
Enderezo

Sala de Cultura do Concello de Mondariz Balneario
Andar 0 do propio edificio do Concello
Rúa Constitución, nº 1
Mondariz-Balneario

Coordinación
Rebeca Blanco-Rotea
Inauguración
Rosario Álvarez
Rebeca Blanco-Rotea
José Antonio Lorenzo Rodríguez
Relator/a
Mario Crecente
Avelino Luis de Francisco Martínez
Silvia González Soutelo
Alberte Reboreda
Xerardo Seoane Fidalgo
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Colabora
Concello de Mondariz-Balneario