Balance de 5 anos de investigación dende o colectivo de RomanArmy.eu

Encontro. Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Balance de 5 anos de investigación dende o colectivo de RomanArmy.eu

EMPC, 32

Martes, 29 de xuño de 2021
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Balance de 5 anos de investigación dende o colectivo de RomanArmy.eu

EMPC, 32

Martes, 29 de xuño de 2021 Santiago de Compostela
O colectivo Romanarmy.eu constituíuse hai cinco anos co obxectivo de artellar novas metodoloxías e narrativas para o estudo da expansión do estado romano no noroeste peninsular (Galicia, Asturias, occidente de León e Zamora e norte de Portugal). Facendo uso de técnicas e recursos propios da era dixital (fotografía aérea e por satélite, LiDAR aéreo, drons, sistemas de información xeográfica etc.) e cunha estrutura de traballo horizontal e democrática, fomos capaces de identificar e catalogar ducias de novos sitios arqueolóxicos que poden relacionarse coa presenza militar romana nestes territorios.

Nunha segunda fase do noso traballo, prospectamos e escavamos varios destes asentamentos coa intención de entender mellor os ritmos da conquista e calibrar a resposta das comunidades indíxenas á chegada de Roma. A abundante información arqueolóxica obtida permite agora facer balance da experiencia, reflexionar sobre as nosas preguntas de investigación e sentar as bases de futuros traballos.

O noso colectivo condensa as distintas traxectorias profesionais e científicas dos seus integrantes, confluíndo na preocupación pola necesaria socialización do noso patrimonio arqueolóxico e cultural. Por este motivo, apostamos por unha linguaxe narrativa e visual innovadora, procurando ir máis aló do achegamento da nosa investigación ao gran público e intentando facelo partícipe desta.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Encontro.
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural
Balance de 5 anos de investigación dende o colectivo de RomanArmy.eu
EMPC, 32
Cando
Martes, 29 de xuño de 2021
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Coordinación
Rebeca Blanco-Rotea
Relator/a
José Manuel Costa García
Manuel Gago
David González
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)

Imaxe da portada: A Cortiña dos Mouros (Cervantes, Lugo - Balboa, León).