Cultura e sustentabilidade

Presentación.

Cultura e sustentabilidade

Presentación do informe

MONTERROSO - Xoves, 8 de xullo de 2021
Monterroso
Presentación

Cultura e sustentabilidade

Presentación do informe

MONTERROSO - Xoves, 8 de xullo de 2021 Monterroso
O peak oil, a sexta extinción, o quecemento global, o despoboamento, o abandono da terra ou a perda de falantes das linguas minorizadas alertan dos perigos da Era do Antropoceno na que nos situamos. A homoxeneidade, a excesiva dependencia fósil ou a crecente forza dos populismos son consecuencias dun sistema económico que non pon a vida no centro. Ante isto, cómpre preguntármonos como se pode soster o mundo e cal pode ser o papel que desempeña a cultura nunha inevitable transición socioecolóxica.

Baixo esa premisa, o Consello da Cultura Galega presenta o informe Cultura e sustentabilidade, co que se procura abrir un debate sobre como o sector cultural pode ser máis sustentable e á vez aténdese a como a cultura pode estar ao servizo da transición socioecolóxica á que irremediablemente a crise ambiental nos obriga. O informe preséntase baixo o lema "a cultura, cuarto piar da sustentabilidade" chamando a atención sobre a necesidade de incorporar a cultura ás dimensións social, ambiental e económica da sustentabilidade.

O informe Cultura e sustentabilidade reúne unha serie de conversas con responsables de proxectos culturais: A Arca da Noe, Brigadas Deseucaliptizadoras, Canle Ribeira Sacra, Festival Agrocuir da Ulloa, Festival de Cans, Festival de Pardiñas/Xermolos, Rede Aldear, Rede Galega de Sementes, Rede polo Patrimonio Cultural e Rural Mutante. Propón dez recomendacións baseadas en cinco principios que serven como marco dende o que impulsar unhas políticas públicas activadoras do cambio.

Á vez, e con vontade de incidencia na realidade, o informe achega un mecanismo de autoavaliación do grao de sustentabilidade na práctica cultural. A través das respostas a unha serie de preguntas, calquera persoa interesada poderá medir, mediante un sistema de semáforo, o nivel de cumprimento dos 14 puntos definitorios dunha cultura sostible.

Acompañando a presentación do informe manteremos unha conversa con algúns dos responsables das prácticas culturais analizadas, na que se dará continuidade ao debate sobre a necesidade de profundar na sustentabilidade.
ASISTENCIA
Entrada libre até ocupar a capacidade da praza. Non se require inscrición previa.
As persoas asistentes deberán cumprir os protocolos anticovid que indique a organización.
En caso de choiva, o acto trasladarase á Cúpula do Campo da Feira.
LUGAR
Praza do Froito
Monterroso
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Os contidos serán gravados e estarán dispoñibles con posterioridade á xornada en www.consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Presentación.
Cultura e sustentabilidade
Presentación do informe
Cando
MONTERROSO - Xoves, 8 de xullo de 2021
Onde
Monterroso
Enderezo

Praza do Froito
Monterroso

Coordinación
Fran Quiroga
Inauguración
Rosario Álvarez
Rocío Seijas
Relator/a
Begoña de Bernardo
Adrián Gallero
Organiza
Concello de Monterroso
Consello da Cultura Galega
Colabora
Festival Agrocuir da Ulloa

Imaxe da portada: Brigadas Deseucaliptizadoras. Fotografía de Adrian Capelo / Fundación RIA