A Galicia navegante no imaxinario literario

Inventio Mundi

A Galicia navegante no imaxinario literario

Tui, 2 de xuño de 2021 ás 20:00 horas
Tui
Mesa redonda
Inventio Mundi

A Galicia navegante no imaxinario literario

Tui, 2 de xuño de 2021 ás 20:00 horas Tui
No pasado ano 2019 conmemoramos o quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta. A exposición «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV - XVII», instalada na Fundación Barrié e comisariada por Ofelia Rey Castelao, amosa as consecuencias que aquela formidable viaxe tivo para Galicia. Deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros. Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría da Coruña foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar.

Para entender mellor a importancia das navegacións na nosa literatura, organizouse un faladoiro que abordará a importancia que as navegacións tiveron na nosa Literatura baixo o título de A Galicia navegante no imaxinario literario e nela participarán Víctor Freixanes, Ramón Nicolás e Pemón Bouzas.

Será o mércores, 2 de xuño ás 20:00 horas , na Sala Municipal de Exposicións. Edificio Francisco Sánchez (antiga Área Panorámica), Rúa Colón, 2, Tui.

A exposición «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV - XVII» está organizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Tui. Permanecerá aberta no Sala Municipal de Exposicións. Edificio Francisco Sánchez (antiga Área Panorámica até o día 9 de xuño de 2021.
LUGAR
Sala Municipal de Exposicións. Edificio Francisco Sánchez (antiga Área Panorámica)
Rúa Colón, 2
Tui
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Mesa redonda.
Inventio Mundi
A Galicia navegante no imaxinario literario
Cando
Tui, 2 de xuño de 2021 ás 20:00 horas
Onde
Tui
Enderezo

Sala Municipal de Exposicións. Edificio Francisco Sánchez (antiga Área Panorámica)
Rúa Colón, 2
Tui