Ecofeminismos

Xornada.

Ecofeminismos

Luns, 5 de xullo de 2021
Santiago de Compostela
Xornada

Ecofeminismos

Luns, 5 de xullo de 2021 Santiago de Compostela
Os feminismos e os ecoloxismos son dúas formas éticas de ollar a sociedade, destinadas a entenderse porque o futuro, para ser, non pode prescindir deles. O ecoloxismo, nos anos 60, rescatou informes científicos emerxentes que alertaban sobre os perigos ambientais. Os intereses contra os que loita son poderosos, porén, non pode estancarse: a realidade que peta nas nosas portas é ben inquietante.

As loitas feministas e ecoloxistas, antes paralelas, son agora interdependentes: os seus avances e retrocesos inflúen mutuamente. Ambos concordan en que todas as formas de opresión se conectan co inimigo común: o capitalismo patriarcal.

Debido ao cambio climático, as brechas de xénero amplíanse. A ollada necesaria das feministas sobre as mulleres campesiñas confirma que elas son as primeiras vítimas da destrución do medio. Boa parte do luxo europeo provén de arrasar o terceiro mundo.

Os recursos naturais non son eternos e o espolio non ten límites. Os custos recaen sobre as mulleres. Nos países do sur son as principais produtoras de comida, traballan a terra, manteñen as sementes, colleitan os froitos e loitan pola auga. O 80 % da produción de alimentos é responsabilidade delas, as máis afectadas pola deforestación e a súa incidencia na agricultura, na recollida de leña, na xestión da auga. Son tamén as principais conservadoras dos bosques, malia non ser donas das terras que cultivan. Xestionan, para as súas familias, os recursos ambientais que garanten menos pobreza. Coidan de non explotalos ata o esgotamento.

Sen as mulleres como suxeitos activos o cambio non é posible. É imprescindible acurtar calquera distancia ideolóxica: despatriarcalizar o ecoloxismo e ecoloxizar o feminismo.
A morte anunciada do planeta atoparanos remando na mesma dirección. Ninguén deterá as nosas reivindicacións e cada vez é máis violenta a falta de sostibilidade do capitalismo neoliberal e os danos que lle inflixe á Terra. Unha resposta social contundente é necesaria. Ese é o sentido desta xornada.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Ecofeminismos
Cando
Luns, 5 de xullo de 2021
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Luz Darriba
Alba María Rodríguez Díaz
Presenta
Carme Adán Villamarín
Luz Darriba
Alba María Rodríguez Díaz
Relator/a
María Xosé Agra Romero
Sabela Facal Granha
Adela Figueroa
Yayo Herrero
Teresa Ramiro
Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Consello da Cultura Galega

Imaxe da portada: Luz Darriba