Nós e o turismo cultural

Xornada.

Nós e o turismo cultural

Allariz - Sábado, 29 de maio de 2021
Allariz
Xornada

Nós e o turismo cultural

Allariz - Sábado, 29 de maio de 2021 Allariz
A cultura é un ben fundamental en todas as sociedades. No noso país existen, felizmente, moitos actores que a promoven desde distintos niveis e enfoques. O Consello da Cultura Galega e a Fundación Vicente Risco son dúas institucións que teñen como fin a promoción da nosa cultura e como ferramenta o esforzo común e a unión para facelo posíbel.

A cultura é un dos elementos indispensábeis para a supervivencia como pobo e tamén un axente xerador de riqueza; por iso cremos necesario reflexionar sobre a importancia da cultura como atractivo dunha forma de turismo sostíbel, responsábel, de calidade.

A xornada “Nós e o turismo cultural” pretende ser un punto de encontro entre o sector turístico e o sector cultural, na procura de sinerxías que cristalicen en propostas nutricias que sexan fonte de vida, en verdadeiras novas experiencias a partir dunha das mellores materias primas das que dispomos, a cultura.

Deixou dito Vicente Risco que “todo depende das particulares apetencias de cada forasteiro. Pero hai algo en que todos os homes coinciden, que é no gozo dos sentidos; por eles chéganos dentro o mundo”. Ideemos, pois, novas formas de ofrecer que o mundo que é Galiza chegue dentro da xente que nos visita a través do gozo de todos os sentidos.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (20 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
As persoas asistentes deberán cumprir todas as normativas anticovid indicadas polos responsables do espazo.
LUGAR
Fundación Vicente Risco
Rúa San Lourenzo, 3
Allariz
MAÍS INFORMACIÓN
As sesións serán gravadas e estarán dispoñibles na mediateca do Consello da Cultura Galega para a súa consulta futura.
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Nós e o turismo cultural
Cando
Allariz - Sábado, 29 de maio de 2021
Onde
Allariz
Enderezo

Fundación Vicente Risco
Rúa San Lourenzo, 3
Allariz

Coordinación
Xosé Rodríguez Díaz
Organiza
Consello da Cultura Galega
Fundación Vicente Risco

Imaxe da portada: Debuxo orixinal de Vicente Risco que recrea a vila de Allariz no pasado, tal como a imaxinou. Cortesía: Fundación Vicente Risco