Novas plataformas de comunicación. O galego vive nas Redes

Xornada.

Novas plataformas de comunicación. O galego vive nas Redes

Novas plataformas de comunicación

Martes, 25 de maio de 2021
Santiago de Compostela
Xornada

Novas plataformas de comunicación. O galego vive nas Redes

Novas plataformas de comunicación

Martes, 25 de maio de 2021 Santiago de Compostela
O galego atopou na Rede un espazo onde medrar e establecerse. As novas plataformas e redes sociais non son alleas á nosa lingua, que viviu unha expansión constante nos últimos dos anos ao contar con ducias de creadores de contido en YouTube, Tik-Tok, Twitch ou Twitter. A mensaxe é clara: o galego é unha lingua con autonomía, cun público de seu e unha comunidade que pide e quere máis.

Como usamos o galego nas Redes? Que novos retos ten por diante nas novas plataformas? Que barreiras atopa? Que liberdades encontrou? Nesta xornada virtual configurada como unha mesa redonda de cinco voces tratarase de afondar nestas e outras cuestións a través dalgúns creadores ou partícipes desa comunidade galega que habita en Internet, sexa a través das novas tendencias audiovisuais, da divulgación da lingua ou da asociación e a procura de crear unha comunidade autosuficiente.

O auxe dos podcast, a explosión do streaming a través de Twitch, o foro moderno de Discord, a capacidade humorística dos memes... A lingua galega está presente dun xeito real en calquera destes fenómenos, que se moven entre un acceso tecnolóxico cada vez máis doado e barato e un interese social e cultural na relevancia dos produtos locais, mais con idea global.
ASISTENCIA
A actividade non será presencial e non é necesaria inscrición previa.
O debate terá lugar ás 19:00 horas o día 25 de maio de 2021. O público pode acceder á emisión pública a través da web do Consello da Cultura Galega, da nosa canle en Youtube ou na plataforma Twitch. Unha vez finalizado, desaparecerá de Twitch para ficar unicamente nas canles habituais do CCG para consumo en diferido (Mediateca e Youtube).
Podes participar a través do chat de Twitch.
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Novas plataformas de comunicación. O galego vive nas Redes
Novas plataformas de comunicación
Cando
Martes, 25 de maio de 2021
Onde
Santiago de Compostela
Coordinación
Carlos Pereiro
Modera
Carlos Pereiro
Relator/a
Jon Amil
Esther Estévez
Agos Reigosa
María Sabarís
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)