Un achegamento á historia da música mecánica

Xornada.

Un achegamento á historia da música mecánica

Xoves, 29 de abril de 2021
Santiago de Compostela
Xornada

Un achegamento á historia da música mecánica

Xoves, 29 de abril de 2021 Santiago de Compostela
Os seres humanos, dende tempos inmemoriais, e en constante observación da natureza, sentiron a necesidade de utilizar o son, non só para comunicarse e orientarse, senón tamén como elemento ritual, tanto de caza como lúdico. Axiña empregarían e elaborarían instrumentos, que vibraban pola forza do vento ou a auga, xurdiron así os primeiros instrumentos que non eran executados polo home. A través de distintas culturas, como a chinesa, construíronse autómatas que bailaban e producían sons, o que deu lugar á mecanización da música. A automatización levou a inventar cilindros codificados con pugas utilizados en órganos de salón, carillóns, caixas de música etc. A finais do século XIX os avances científicos e técnicos desembocarían nunha revolución tecnolóxica que cambiou, e segue cambiando, o mundo.

Polo tanto, co obxectivo de achegarnos ao apaixonante mundo da música mecánica, organizamos esta xornada, que dividimos en dous relatorios. No primeiro, Germán Díaz realizará una incursión pola historia dos instrumentos de música mecánica a través de aparellos da súa propia colección, os cales fará soar e mostrará o seu funcionamento e curiosidades; como agasallo interpretará dúas cancións do seu Método Cardiofónico, onde se pode escoitar a caixa de música e a rolmónica cromática. No segundo relatorio, Jordi Roquer falaranos dun dos trebellos máis importantes e orixinais dos xurdidos a finais do século XIX, como foi a pianola, aparello que utilizaría os rolos de papel perforado; é un dos primeiros sistemas de difusión masiva de música. Na charla, Jordi afondará en dúas cuestións fundamentais: en primeiro lugar, a posibilidade de estudar as interpretacións de grandes pianistas a partir das súas gravacións para pianola e, en segundo lugar, os catálogos das principais editoriais estatais, dende os que podemos coñecer cuestións importantes como o consumo e a recepción musical. Para iso centrarase nun caso particularmente interesante como é o dos Preludios I e II de Frederic Mompou e na produción e edición de rolos de compositores galegos como José Baldomir, Pascual Veiga, Canuto Berea e Enrique Lens Viera.
ASISTENCIA
A actividade non será presencial.
Non é necesaria inscrición previa.
Os contidos estarán dispoñibles no noso web e na nosa canle en Youtube nas horas indicadas e logo permanecerán na Mediateca para consultas futuras.
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Un achegamento á historia da música mecánica
Cando
Xoves, 29 de abril de 2021
Onde
Santiago de Compostela
Coordinación
Alejo Amoedo
Inauguración
Alejo Amoedo
Dolores Vilavedra
Relator/a
Germán Díaz
Jordi Roquer González
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Música e Artes Escénicas (CCG)

Imaxe da portada: Colección Alejo Amoedo