Obxectos anónimos

Xornada. En modo conversa

Obxectos anónimos

En modo conversa

Martes, 27 de abril de 2021 - 18:00 horas
Xornada
En modo conversa

Obxectos anónimos

En modo conversa

Martes, 27 de abril de 2021 - 18:00 horas
No 1964, Bernard Rudofsky, comisario xefe do Departamento de Arquitectura do MoMA, inaugurou a famosa mostra Architecture without Architects, unha exposición que introduciu ao público xeral unha perspectiva ‘vernácula’ do contexto moderno. Os deseños mostrados descríbense como froito de centos de anos de desenvolvemento, demostrando así unha funcionalidade e materialidade puramente suxeitas a parámetros contextuais. Esta abstención absoluta aos conceptos de estilo e autoría permítenos contextualizar a nosa actualidade material, na que o tendencioso non sempre vai ligado á excelencia, por máis que se tente.

Os deseñadores Tomás Alonso, Miguel Leiro e Uqui Permui, como moderadora, conversarán sobre o concepto de ‘obxectos anónimos’ que, como na exposición de Rudofsky, mostran trazos que perduran no tempo e na memoria. Procesos de artesanía, deseño e enxeñaría exemplificaranse nesta conversa para tratar de postular novas formas de desenvolver unha cultura material máis sostible.
ASISTENCIA
A actividade non será presencial.
Os contidos estarán dispoñibles no noso web e na nosa canle en Youtube nas horas indicadas e logo permanecerán na Mediateca para consultas futuras.
Non é necesaria inscrición previa.
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
En modo conversa
Obxectos anónimos
En modo conversa
Cando
Martes, 27 de abril de 2021 - 18:00 horas
Coordinación
Sofía Santos Pérez
Rosario Sarmiento Escalona
Relator/a
Tomás Alonso
Miguel Leiro
Uqui Permui
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)

Fotografía da portada: Miguel Leiro