Foro PATRIMONIO E SOCIEDADE

Foro.

Foro PATRIMONIO E SOCIEDADE

19, 20 e 21 de abril de 2021
Santiago de Compostela
Foro

Foro PATRIMONIO E SOCIEDADE

19, 20 e 21 de abril de 2021 Santiago de Compostela
Entre os meses de decembro de 2019 e o mes de abril de 2021, o Consello da Cultura Galega levou a cabo a actividade denominada Foro “Patrimonio e Sociedade”. Trátase dunha acción encamiñada á reflexión e desenvolvemento dunhas liñas estratéxicas arredor da xestión integral do patrimonio cultural na comunidade galega. A través do foro preténdese identificar cales son os intereses que Galicia ten no patrimonio cultural, que simboliza para a comunidade ese patrimonio e, sobre todo, como se debe xestionar.

Esta actividade foi promovida pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG. Unha das decisións adoptadas foi apostar pola pluralidade, de maneira que todos aqueles axentes da nosa sociedade que estean implicados na xestión integral do patrimonio ou teñan intereses sociais, culturais e profesionais nel estivesen representados no foro. Deste xeito, as temáticas seleccionadas para a análise estrutúranse en tres mesas de traballo, que contan cunha coordinación asumida por persoas que integran a Sección. Os restantes participantes foron seleccionados entre as seguintes entidades, organismos e axentes: organismos públicos de investigación, universidades e ensino medio, institucións da memoria, academias, administracións públicas, asociacións culturais, industrias culturais e profesionais liberais, sendo un total de 37 profesionais e axentes os que participaron.

As mesas de traballo e os seus coordinadores/as son as seguintes:

- Mesa 1: Patrimonio, políticas públicas e normativa legal
Coordinación: Teresa Nieto Pérez e Cristina Sánchez-Carretero
- Mesa 2: Xestión patrimonial: conservación, protección e promoción-difusión do patrimonio cultural
Coordinación: Carlos Nárdiz Ortiz e Iago Seara Morales
- Mesa 3: Patrimonio, educación, formación e cidadanía
Coordinación: Rebeca Blanco-Rotea e Juan M. Monterroso Montero
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal