Iria Veiga

Pensarmos

Iria Veiga

Fabulación, simulación e delirio: A mentira como adaptación evolutiva e como patoloxía

Xoves, 22 de abril de 2021
Santiago de Compostela
Ciclo
Pensarmos

Iria Veiga

Fabulación, simulación e delirio: A mentira como adaptación evolutiva e como patoloxía

Xoves, 22 de abril de 2021 Santiago de Compostela
Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…. Enchemos de novos termos os andeis do noso pensamento. Asistimos a unha proliferación de palabras e conceptos para enfrontarnos a unha época convulsa.
A economía do efémero demándanos respostas rápidas e simples ante problemas complexos. Pensar sen présas  ou debater ideas e visións diversas do mundo ficaron convertidas en actividades de luxo ou en ideas románticas doutros tempos. Agora todo semella moverse na inmediatez das redes.
Porén, o pensamento necesita tempos de encontro, de compartir devagar perspectivas e dúbidas. Propoñémosvos neste ciclo de charlas, debates e intercambio de ideas un tempo compartido para a reflexión, para abordar os problemas da actualidade, para facer redes de conexións e contribuír a que sexamos un pouco máis libres. O vello dictum ilustrado, sapere aude, hoxe deveu máis necesario que nunca. “Atrévete a pensar” é un exercicio  a contracorrente, unha pequena revolución cotiá. 
Quedades convidadas e convidados a un espazo compartido de reflexión e análise crítica do mundo que nos tocou vivir. Se pensar vos presta, agardámosvos cunha única condición, a predisposición a gozar das palabras compartidas. Iniciado en 2019, o ciclo Pensarmos continúa no ano 2021 cada cuarto xoves de mes para ofrecernos a oportunidade de encontrarnos con nomes relevantes no pensamento actual que establecerán un diálogo tanto con integrantes da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega como co público asistente sobre temas tan vixentes como feminismo, fascismos, verdade, intimidade, investigación, precariedade ou humanismo.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
A sesión será tamén retransmitida en directo no web www.consellodacultura.gal e na canle de Youtube da institución. Poderanse achegar preguntas ou comentarios a través do correo participa@consellodacultura.gal ou do propio chat de Youtube.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Ciclo.
Pensarmos
Iria Veiga
Fabulación, simulación e delirio: A mentira como adaptación evolutiva e como patoloxía
Cando
Xoves, 22 de abril de 2021
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Carme Adán Villamarín
Relator/a
Luisa Martínez Lorenzo
Iria Veiga
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento (CCG)