Pobo xitano: por unha sociedade máis igualitaria II

Xornada. Pobo xitano: por unha sociedade máis igualitaria

Pobo xitano: por unha sociedade máis igualitaria II

Xoves, 8 de abril de 2021
Santiago de Compostela
Xornada
Pobo xitano: por unha sociedade máis igualitaria

Pobo xitano: por unha sociedade máis igualitaria II

Xoves, 8 de abril de 2021 Santiago de Compostela
“A Ignorancia sobre o pobo xitano e sobre a súa historia e a súa cultura é a verdadeira causa dos prexuízos que, por desgraza, aínda condicionan a mentalidade de moita xente”. Manuel Rivas, escritor

No mundo calcúlase que viven uns 20 millóns de persoas xitanas ou romanís. Son cifras orientativas, xa que apenas existen estatísticas rigorosas ao respecto.

En Europa fálase duns 12 millóns de persoas, unha minoría cunha orixe común, que mantén uns trazos e valores culturais propios e que ao mesmo tempo é diversa, heteroxénea e con grandes diferenzas segundo os territorios onde habita e a súa particular traxectoria histórica e cultural. É a principal minoría étnica europea. En España estímase que máis de 750.000 españois son xitanos e xitanas, arredor do 40 % son andaluces. En Galicia tan só residen unhas 13.000 persoas xitanas, o 2,7 % da poboación xitana española.

O pobo xitano mantén un rico patrimonio cultural e unha identidade, valores e costumes que os Estados deben coidar e protexer. As súas influencias na cultura universal estiveron, están e estarán presentes sempre, sobre todo a través do flamenco, que contribuíu á internacionalización da cultura española en todo o mundo.

Día Internacional do Pobo Xitano

Despois da xornada do 16 de novembro de 2020, que nos achegou á cultura xitana da man de Carlos Giménez Romero, este novo encontro ten lugar no marco do Día Internacional do Pobo Xitano, que se celebra cada 8 de abril para lembrar o I Congreso Mundial roma/xitano realizado en Londres en 1971. En 2021 cúmprese, por tanto, o 50º aniversario daquel Congreso Mundial no que se instituíron a bandeira e o himno xitanos.

Por outra banda, hai máis dun ano que comezou a crise social e humanitaria que xerou a COVID-19. Para a comunidade xitana, os maiores son un valor incalculable e desafortunadamente a pandemia xerou non só que moitas familias perdesen os seus seres queridos (en moitos casos sen poder sequera despedirse), senón tamén que aínda hoxe a distancia social e outras medidas de prevención manteñan moitas familias afastadas dos seus maiores.

Neste contexto, quixemos aproveitar a conmemoración do 8 de abril para facer fincapé en tres ideas forza: conmemoramos o Día Internacional do Pobo Xitano facendo unha homenaxe aos maiores; lembramos o seu papel relevante na cultura xitana en momentos tan difíciles coma os actuais, nos que foron os principais afectados; e recoñecemos o valor do respecto e coidado dos maiores, tan propios da súa cultura, como nexo de unión entre a sociedade maioritaria e os xitanos. E, a maiores, contribuímos a poñer en valor o 50º aniversario do Iº Congreso Mundial Xitano.

Agardamos que este recoñecemento institucional dos símbolos e a identidade dunha comunidade cunha historia e unha cultura de seu, feito polo Consello da Cultura Galega e a Valedora do Pobo, en colaboración co Secretariado do Pobo Xitano, contribúa a cambiar a visión que se ten sobre o pobo xitano e ao frecer unha nova mirada, máis realista e xusta, que combata estereotipos e prexuízos arraigados na nosa sociedade. Trátase de construír unha convivencia máis intercultural e diversa, que promova a igualdade de dereitos de todos os cidadás e desterre a discriminación.
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Pobo xitano: por unha sociedade máis igualitaria
Pobo xitano: por unha sociedade máis igualitaria II
Cando
Xoves, 8 de abril de 2021
Onde
Santiago de Compostela
Inauguración
Rosario Álvarez
María Xosé Porteiro García
Eva Vera Ledo
Presenta
Fernando Montoya Silva
Relator/a
Manuela Díaz Hernández
David Gabarri Jiménez
Ana Mª Segovia Montoya
Sonia Suárez Suárez
Organiza
Consello da Cultura Galega
Valedora do Pobo
Colabora
Fundación Secretariado Gitano

Imaxe da portada: Fundación Secretariado Gitano, cedida por cortesía de Ana Palma