Simposio internacional Promoción cultural nas feiras internacionais do libro

Simposio.

Simposio internacional Promoción cultural nas feiras internacionais do libro

10 a 12 de marzo de 2021
Simposio

Simposio internacional Promoción cultural nas feiras internacionais do libro

10 a 12 de marzo de 2021
Neste simposio abórdanse as Feiras internacionais do libro (FIL) desde a perspectiva dos Estudos da Cultura, a Socioloxía da Tradución e a Economía da Cultura, cun equipo pluridisciplinar e internacional. O seu obxectivo é mellorar o coñecemento sobre as FIL como instrumentos de promoción cultural e coñecer se a condición de “Convidado de honra” nelas permite un acúmulo estábel e visíbel de capitais (especialmente de tipo simbólico mais tamén económico e cultural) no espazo transnacional das relacións literarias, culturais e políticas.

O encontro reúne especialistas académicos/as que traballan de modo central sobre: a) a perspectiva teórico-metodolóxica dos estudos da Cultura, b) a análise de dinámicas e actantes (organizadores/planificadores, escritores/as, editoras, axencias literarias, tradutores/as, comunicadores, etc.), c) os discursos culturais e d) como se presentan as culturas nas FIL do século XXI.

O simposio insírese no proxecto de investigación CULTURFIL (www.culturfil.org) Nuevas estrategias de promoción cultural. Las ferias internacionales del libro y la condición de invitado de honor (FFI2017-85760-P), financiado pola Axencia Estatal de Investigación do Ministerio de Ciencia e Innovación e por Fondos FEDER.

EMISIÓN
Todas as intervencións do programa público serán difundidas en directo en aberto a partir do web www.consellodacultura.gal e da canle de youtube do Consello da Cultura Galega. Non é necesaria previa inscrición nin rexistrarse con anterioridade.

A intervención de Gisele Sapiro contará con servizo de interpretación francés-galego. As persoas que requiran o servizo de interpretación terán que enviar un correo previo á organización (simposio@culturfil.org) para solicitar o acceso interno a este servizo. Recibirán no seu correo un enlace de zoom ao que terán que se conectar para seguir a sesión de modo interno. Para poder acceder ao servizo de interpretación é necesario ter descargada a aplicación de zoom e entrar na sesión con cámara e micrófono apagado. No panel inferior figurarán os idiomas ofrecidos e deberán escoller a canle do idioma no que queiran seguir a sesión. A emisión en aberto realizarase unicamente en idioma orixinal.
MAÍS INFORMACIÓN
www.culturfil.org
www.consellodacultura.gal