A comunicación da ciencia en tempos de pandemia

Xornada.

A comunicación da ciencia en tempos de pandemia

2 e 4 de febreiro de 2021
Santiago de Compostela
Xornada

A comunicación da ciencia en tempos de pandemia

2 e 4 de febreiro de 2021 Santiago de Compostela
O 11 de marzo de 2020, a OMS elevou a situación de emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19 a pandemia internacional. Dende entón, o SARS-CoV-2 cambiou as nosas vidas e o foco dos nosos intereses. Nunca antes a ciencia acaparara tanta atención mediática e cidadá. Agardamos dela a saída desta crise sen precedentes, pero ao mesmo tempo afrontamos a ameaza da desconfianza de parte da poboación cara ás vacinas e asistimos ao auxe do negacionismo institucional en distintas latitudes.

A infodemia é a outra gran pandemia que se estende canda o coronavirus, con distintas ramificacións que atinxen non só as alburgadas que se viralizan a través das redes sociais, senón tamén informacións erróneas ou mesmo novas nesgadas que responden a distintos intereses, desde os dos axentes implicados na propia ciencia e a industria que a rodea ata os políticos. A todo isto súmase a desconfianza que xera entre o público leigo o carácter provisional e a incerteza intrínseca da ciencia, vivida máis ca nunca en tempo real.

Neste contexto, cómpre reflexionarmos sobre as luces e as sombras arredor da comunicación da ciencia tendo en conta as distintas partes que actúan a diversos niveis na era da hiperconexión. Con este obxectivo, o encontro permitirá profundar en conceptos como o da propia infodemia e o da tecnociencia na nova realidade da COVID-19; incidirá na aposta internacional polo coñecemento en aberto na procura de acelerar a obtención de resultados contra esta doenza; abordará as dificultades do día a día do xornalismo científico e a responsabilidade social deste oficio; ofrecerá unha ollada comparada ao relato da pandemia en distintos países e revisará tamén a evolución do ecosistema da comunicación científica relacionada coa saúde nas últimas décadas, dende outras crises como a das vacas tolas ou a gripe aviar ata a actual pandemia, máis global ca calquera outra, tanto polo seu alcance sanitario como polo momento de grandes cambios en termos de comunicación no que se produce.
ASISTENCIA
A actividade non será presencial. Será retransmitida a través do noso web e da nosa canle en Youtube nas horas indicadas e logo permanecerá na Mediateca para consultas futuras.
- O martes 2 de febreiro publicaranse os relatorios gravados
- O xoves 4 de febreiro ás 18:00 horas terá lugar o debate en directo
Non é necesaria inscrición previa.
Se queres participar podes enviar previamente as túas preguntas ou facelo en directo durante os debates no correo participa@consellodacultura.gal
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
A comunicación da ciencia en tempos de pandemia
Cando
2 e 4 de febreiro de 2021
Onde
Santiago de Compostela
Coordinación
Iolanda Casal
Modera
Manuel Vicente
Relator/a
Javier Echeverría
Pampa García Molina
Gema Revuelta
Sonia Villapol
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade (CCG)

Imaxe da portada: Empregadas con máscara de protección contra a Epidemia de 1918, Nova York. National Archives at College Park