Afonso X e Galicia

Exposición. Afonso X e Galicia

Afonso X e Galicia

Santiago de Compostela, do 12 de xaneiro ao 24 de abril de 2021
Santiago de Compostela
Exposición
Afonso X e Galicia

Afonso X e Galicia

Santiago de Compostela, do 12 de xaneiro ao 24 de abril de 2021 Santiago de Compostela
“Afonso X e Galicia” é un proxecto expositivo producido polo Consello da Cultura Galega en colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e a Universidade de Santiago de Compostela.

Comisariada polo Dr. Antoni Rosell (Universitat Autònoma de Barcelona), a mostra busca visibilizar a conexión con Galicia de Afonso X, no 800 aniversario do seu nacemento, a través das “Cantigas de Santa María” pero tamén noutros nexos máis profundos, ao tempo que amosa un intelectual que condensa outra forma de entender o saber do seu tempo.

A proposta afástase das exposicións de obxectos, busca compoñer ese relato a modo de crebacabezas con varios niveis, apoiado nunha narrativa multimedia. As circunstancias sanitarias obrigaron a adaptar o deseño desta exposición para que se poida “tocar” virtualmente a través dos dispositivos móbiles, pero tamén de proxeccións visuais e sonoras que permitirán trasladar a atmosfera da Idade Media.

O relato está en galego, inglés e castelán e permitirá achegarse á complexa e poliédrica figura de Afonso X, ás Cantigas de Santa María, como testemuño visual e sonoro da Idade Media galega e europea, aos instrumentos e á cultura galega da época.

A exposición está aberta ao público na Igrexa da Universidade en Santiago de Compostela entre o 12 de xaneiro e o 24 de abril, e a primeira das súas itinerancias será Ourense, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Horarios de visita: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, de martes a domingo.
LUGAR
Igrexa da Universidade
Praza da Universidade, s/n
Santiago de Compostela
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Exposición.
Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia
Cando
Santiago de Compostela, do 12 de xaneiro ao 24 de abril de 2021
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Igrexa da Universidade
Praza da Universidade, s/n
Santiago de Compostela

Organiza
Consello da Cultura Galega