Pobo xitano: por unha sociedade máis igualitaria I

Xornada. Pobo xitano: por unha sociedade máis igualitaria

Pobo xitano: por unha sociedade máis igualitaria I

Luns, 16 de novembro de 2020
Xornada
Pobo xitano: por unha sociedade máis igualitaria

Pobo xitano: por unha sociedade máis igualitaria I

Luns, 16 de novembro de 2020
No mundo calcúlase que viven uns 20 millóns de persoas xitanas ou romanís. Son cifras orientativas xa que apenas existen estatísticas rigorosas ao respecto.

En Europa fálase duns 12 millóns de persoas, unha minoría cunha orixe común, que mantén uns trazos e valores culturais propios e que ao mesmo tempo é diversa, heteroxénea e ten grandes diferenzas segundo os territorios onde habita e a súa particular traxectoria histórica e cultural. É a principal minoría étnica europea.

En España estímase que máis de 750.000 españois son xitanos e xitanas, arredor do 40% son andaluces. En Galicia tan só residen unhas 13.000 persoas xitanas, o 2,7% da poboación xitana española.

O pobo xitano mantén un rico patrimonio cultural e unha identidade, valores e costumes que os Estados deben coidar e protexer. As súas influencias na cultura universal estiveron, están e estarán presentes sempre, sobre todo a través do flamenco, que contribuíu á internacionalización da cultura española en todo o mundo.

Esta xornada celébrase coincidindo co Día Internacional para a Tolerancia ⸺declarado pola ONU en 1996⸺ e ten como obxectivo contribuír a cambiar a visión que existe sobre o pobo xitano e ofrecer unha nova mirada máis realista e xusta que combata estereotipos e prexuízos arraigados na nosa sociedade. Trátase de construír unha sociedade máis intercultural e diversa, que promova a igualdade de dereitos de todos os cidadáns e cidadás e desterre a discriminación.

Porque o coñecemento é o primeiro paso para construír cidadanía e loitar por un futuro compartido sen discriminación. O coñecemento sempre nos fai máis libres e iguais.

“A Ignorancia sobre o pobo xitano e sobre a súa historia e a súa cultura é a verdadeira causa dos prexuízos que, por desgraza, aínda condicionan a mentalidade de moita xente”.

Manuel Rivas, escritor. Manifesto polo Día Internacional do Pobo Xitano, 2016.
ASISTENCIA
A actividade non será presencial.
Os contidos estarán dispoñibles no noso web e na nosa canle en Youtube nas horas indicadas e logo permanecerán na Mediateca para consultas futuras.
Non é necesaria inscrición previa.
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Pobo xitano: por unha sociedade máis igualitaria
Pobo xitano: por unha sociedade máis igualitaria I
Cando
Luns, 16 de novembro de 2020
Inauguración
Rosario Álvarez
Dolores Fernández Galiño
Eva Vera Ledo
Relator/a
Carlos Giménez Romero
Organiza
Consello da Cultura Galega
Fundación Secretariado Gitano
Valedora do Pobo

Imaxe da portada: Cortesía da Fundación Secretariado Gitano