II. Educación Plurilingüe: Situación en Galicia

Xornada. Educación Plurilingüe: achegas para o debate

II. Educación Plurilingüe: Situación en Galicia

10 de decembro: debate en directo
7 de decembro: emisión gravada dos relatorios
Xornada
Educación Plurilingüe: achegas para o debate

II. Educación Plurilingüe: Situación en Galicia

10 de decembro: debate en directo 7 de decembro: emisión gravada dos relatorios
Neste ano 2020 cúmprense 10 da aprobación do Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Esta norma, a maiores doutros cambios substanciais en relación co anterior Decreto 124/2007, introducía como gran novidade a aposta por unha xeneralización progresiva da lingua estranxeira como instrumento para o ensino e aprendizaxe de materias non lingüísticas; un proxecto de educación plurilingüe que se concretaría nunha Orde posterior na que se regulaban os centros plurilingües e a súa incorporación á denominada Rede de Centros Plurilingües de Galicia.

O período de dez anos de vixencia do Decreto transcorreu cun incremento constante e acelerado no número de centros que se acolleron a ese formato plurilingüe e mesmo coa ampliación das etapas educativas inicialmente previstas de educación primaria e ESO á educación infantil e ao bacharelato. Con todo, este éxito na demanda nada sorprendente non foi acompañado dunha avaliación do seu funcionamento nin dos resultados acadados, como se establecía nas Disposicións adicionais do propio Decreto, de maneira que hoxe aínda non dispomos de datos científicos que dean conta do éxito ou fracaso do modelo en tres indicadores básicos: a mellora da competencia en lingua estranxeira, a influencia nas aprendizaxes non lingüísticas vehiculadas nun idioma estranxeiro e as posibles consecuencias na competencia, a valoración e a visibilidade da lingua galega.

O Consello da Cultura Galega considera necesario e urxente realizar estudos rigorosos sobre a educación lingüística en Galicia, sinaladamente sobre o modelo de educación plurilingüe actualmente vixente. A actividade que aquí presentamos quere contribuír a unha reflexión sosegada sobre esta cuestión a través de profesionais e expertos, pero inseríndoa no debate máis amplo que se está a producir tamén noutras comunidades bilingües do Estado. A primeira sesión pretende situar a propia idea de educación plurilingüe desde contextos de linguas minoradas e presentar alternativas doutras comunidades bilingües; a segunda, ofrecer experiencias, datos e valoracións referidas especificamente a Galicia.
ASISTENCIA
A actividade non será presencial. Será retransmitida a través do noso web e da nosa canle en Youtube nas horas indicadas e logo permanecerá na Mediateca para consultas futuras.
- O 7 de decembro subirase a emisión gravada dos relatorios da II xornada "Educación Plurilingüe: situación en Galicia" e o 10 de decembro terá lugar o debate ás 18:00 horas.
Non é necesaria inscrición previa.
Se queres participar podes enviar previamente as túas preguntas ou facelo en directo durante os debates no correo participa@consellodacultura.gal
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Educación Plurilingüe: achegas para o debate
II. Educación Plurilingüe: Situación en Galicia
Cando
10 de decembro: debate en directo
Onde
7 de decembro: emisión gravada dos relatorios
Modera
Manuel Bragado
Relator/a
Valentina Formoso Gosende
María López Sández
Xaquín Loredo Gutiérrez
Organiza
Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)
Colabora
Real Academia Galega