VI Xornada sobre bo uso e mal uso do mar

Xornada. Bo uso e mal uso do mar

VI Xornada sobre bo uso e mal uso do mar

Unha mirada á Axenda 2030 desde unha perspectiva de xénero: o mar das mulleres nas túas mans

Pontevedra - Martes, 10 de novembro de 2020
Pontevedra
Xornada
Bo uso e mal uso do mar

VI Xornada sobre bo uso e mal uso do mar

Unha mirada á Axenda 2030 desde unha perspectiva de xénero: o mar das mulleres nas túas mans

Pontevedra - Martes, 10 de novembro de 2020 Pontevedra
A xornada que se presenta, que xa vai pola sexta edición, tivo un notable éxito; forma parte dun conxunto de accións destinadas a mellorar os coñecementos precisos para desenvolver a comprensión, o uso sustentable e a protección do medio mariño de importancia estratéxica para Galiciano marco da Axenda 2030.
En setembro de 2015 a Asemblea Xeral da ONU creou a Axenda 2030, referendada por 150 países. Nela establecíanse os 17 Obxectivos para o Desenvolvemento Sustentable (ODS) das diferentes comunidades no mundo. Reducir as desigualdades, lograr a igualdade de xénero, protexer os océanos, erradicar a pobreza ou loitar contra o cambio climático son algúns destes obxectivos. Cómpre dicir, segundo ONU Mulleres, que non será posible a súa consecución sen a inclusión dun enfoque baseado nos dereitos humanos e nunha mirada transversal de xénero aos 17 ODS.
Nesta ocasión, o obxectivo xeral da xornada é impulsar un espazo de intercambio para o coñecemento de estratexias e contidos da Axenda 2030, dos ODS e do seu impacto na vida das mulleres, das nenas, dos nenos e dos colectivos vulnerables. Trátase de fomentar a participación de todos os sectores interesados desde unha perspectiva crítica; neste caso,o alumnado e profesorado da Universidade de Vigo e opúblico en xeral.

Tres son os ODS aos que se lles prestará especial atención:
Obxectivo 4. Educación de calidade. Garantir unha educación inclusiva e equitativa de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe permanente para todas as persoas
Obxectivo 5. Igualdade de xénero. Lograr a igualdade de xénero e empoderar todas as mulleres e nenas.
Obxectivo 14. Vida submarina. Conservar e utilizar os océanos, os mares e os recursos mariños de maneira sustentable.
Así, é fundamental que desde o ámbito educativo se propicien actitudes positivas e se dispoña de materiais didácticos axeitados para levar a cabo intervencións nas aulas que aborden os devanditos obxectivos.
A xornada contará coa participación de dúas das autoras dos materiais didácticos denominados Una maleta feminista para trabajar los ODS, deBatera 2030, Observatorio Feminista da Axenda 2030 de Euskadi. Por outra banda, o equipo de investigación que desenvolveu os materiais O mar das mulleres nas túas mans, realizados co apoio da Deputación de Pontevedra, fará un balance da acollida da exposición itinerante “Sustentabilidade en feminino” e dos materiais didácticos O mar das mulleres nas túas mans, así como da campaña que se vai levar a cabo para a súa difusión nos centros educativos.Deste xeito,incídese na alfabetización oceánica e no recoñecemento do papel das mulleres na sustentabilidade dos océanos, cuestións imprescindibles no ámbito educativo.

A xornada será gravada por UvigoTV e retransmitida mediante streaming:
https://tv.uvigo.es/live/5b60870c8f4208dd20625884
Programa
Temáticas
Ficha técnica
Xornada.
Bo uso e mal uso do mar
VI Xornada sobre bo uso e mal uso do mar
Unha mirada á Axenda 2030 desde unha perspectiva de xénero: o mar das mulleres nas túas mans
Data
Pontevedra - Martes, 10 de novembro de 2020
Lugar

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Universidade de Vigo
Campus da Xunqueira
Pontevedra

Presenta
Elena Vázquez Cendón
Relator/a
Rocío Araujo Álvarez
Amaia Iguaran
María A. Lorenzo Rial
Patricia Ponce
Organiza
Consello da Cultura Galega
Universidade de Vigo