PRESENTACIÓN CD Andrés Gaos. Obras para piano e violín e piano. Gravacións históricas
Facultade de Xeografía e Historia, USC - Xoves, 12 de novembro de 2020 ás 12:30h
Santiago de Compostela
LUGAR:
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1
15703 Santiago de Compostela
O Consello da Cultura Galega presenta o CD, Andrés Gaos. Gravacións históricas integrado por obras do compositor, violinista, director e docente galego Andrés Gaos Berea (A Coruña, 1874 - Mar del Plata, 1959). Conservadas orixinalmente en discos instantáneos (gravados cara a 1940) e en diferentes bobinas, realizouse un proceso de restauración, dixitalización e masterización que deu como resultado un disco integrado por 14 faixas: 9 con obras para piano interpretadas polo propio autor e 5 con obras para violín e piano tocadas polo seu alumno VíctorHormaechea. O presente disco constitúe así non só un medio de conservación do patrimonio musical galego senón, tamén, un importante legado que nos permite coñecer como concibía Andrés Gaos a interpretación da súa propia obra.
Presentación
PRESENTACIÓN CD Andrés Gaos. Obras para piano e violín e piano. Gravacións históricas
Facultade de Xeografía e Historia, USC - Xoves, 12 de novembro de 2020 ás 12:30h
Santiago de Compostela
ORDE DE INTERVENCIÓNS
- Apertura do acto por Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
- Ramón Almuinha, editor e produtor do CD e membro da Sección de Música e Artes Escénicas (CCG), falará do proceso de edición e das gravacións históricas
- Isaac D. Raimundo, da Universidade Nova de Lisboa, explicará como foi o proceso de restauración dixital dos discos orixinais (por vídeo)
- Montserrat Capelán, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, falará da parte histórica-musical e de como chegaron os discos a Galicia
- Audición de dúas faixas do CD
- Alejo Amoedo, membro da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais (CCG), analizará a interpretación de Andrés Gaos da súa propia música ao piano.
- Peche do acto por Rosario Alvárez, presidenta do Consello da Cultura Galega
LUGAR
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1
15703 Santiago de Compostela
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Presentación
PRESENTACIÓN CD Andrés Gaos. Obras para piano e violín e piano. Gravacións históricas
Facultade de Xeografía e Historia, USC - Xoves, 12 de novembro de 2020 ás 12:30h
Santiago de Compostela
Solicita a túa inscrición
PRESENTACIÓN CD Andrés Gaos. Obras para piano e violín e piano. Gravacións históricas
Presentación. Facultade de Xeografía e Historia, USC - Xoves, 12 de novembro de 2020 ás 12:30h