VIOLÊNCIA - FETICHE DO HOMEM BOM
Cláudia Lucas Chéu
Intérpretes: Alicia Castro Cabaleiro, Béatrice Pépin, Eliseo Pereira Henriques, Rosa Estévez Gantes e Nuria Otero Desojo
Dirección: Hugo Milhanas Machado
Produción: Eu.Experimento - Grupo de Teatro Amador
Duración: 20 minutos
Web/Redes sociais - www.euexperimento.com https://soundcloud.com/
euexperimentoarquivo
Breve sinopse da obra
Violência - fetiche do homem bom é uma viagem exploratória aos abismos mais subterrâneos e hardcore da violência humana guiada por dois irmãos, Miguel e Gabriel, adeptos de junk food e fãs da estrela porno Sasha Grey.
BATALLAS
Clara Gayo
Intérpretes: Ana Fernández Sánchez, Sabela Solla Simón, Iago Lavandeira García, Jacobo Mo, Marcos Grandal
Dirección: Nuria Montero
Música en vivo: Jacobo Mo, Marcos Grandal
Produción: ESAD de Galicia
Duración: 15m.
Breve sinopse da obra:
Batallas é unha peza escrita entre os anos 2011 e 2013, profundamente inspirada e condicionada pola crise económica que arrasou o mundo desde o 2008. Cun elenco de número e xénero indeterminados, Batallas ofrece unha sucesión de escenas (diálogos) entre personaxes (despexados) que reflexionan sobre os motivos (e os culpables) que os conduciron á miseria. Personaxes que xa non contan con paredes que os protexan, que rememoran a vida pasada conscientes do engano ao que foron sometidos, e que miran ao futuro con total escepticismo.
DEBATE
Modera: Afonso Becerra
Cláudia Lucas Chéu e Clara Gayo
Cláudia Lucas Chéu
Portugal (1978). Tem publicados os textos para cena Glória ou como Penélope Morreu de Tédio; Violência - fetiche do homem bom, pelas edições Bicho-do-Mato/Teatro Nacional D. Maria II; A Cabeça Muda, pela Cama de Gato Edições; Veneno (Colecção Curtas da Nova Dramaturgia), Edições Guilhotina, 2015.
Em prosa poética, publicou o livro Nojo (2014), (não) edições. E em poesia, o livro Trespasse, Edições Guilhotina, 2014 e Pornographia (poesia), Editora Labirinto, 2016. Em 2017, foi publicado o seu livro Ratazanas (poesia), pela Selo Demónio Negro, em S. Paulo (Brasil). Publicou, em 2018, o seu primeiro romance Aqueles Que Vão Morrer, Editora Labirinto, e Beber Pela Garrafa (poesia), pela Companhia das Ilhas. Em 2019, foi editado A Mulher-Bala e outros contos, Editora Labirinto. Co-fundadora da Teatro Nacional 21 e da Edições Guilhotina. Encenou vários espectáculos na sala estúdio do Teatro Nacional D. Maria II (Lisboa) e no Teatro Carlos Alberto (Porto).
É mãe. Vive mal sem caminhadas, Bach e batatas fritas.
Clara Gayo
(Vigo, 1971) é actriz e dramaturga. En 2009 foi seleccionada para participar nos IV Encontros en Magalia de Creación Contemporánea co seu texto “Agorafobia: parálise sobre o medo” que autoeditou con RedeNasa na colección “Ultratextos”. No 2010, Estaleiro Editora publica Movidas e Razóns de peso. No mesmo ano escribe A mirada de Pier para Nut Teatro. No 2014 a Revista Galega de Teatro publica Prohibido sufrir e no 2019 a mesma revista edita Micropezas, entre a que se atopa Screenplay, desta autora. No 2015 gana o Premio do Xurado da IX Edición do Premio de Teatro Radiofónico do programa Diario Cultural da Radio Galega, con Evasión e no ano 2017 é finalista con Proxecto Tempo. No 2017 foi seleccionada para participar na 42ª edición da Feira Internacional do Libro, Bos Aires. Participou no II Torneo de Dramaturxia Galega coa peza Con fabulación, que no 2020 foi editada por Edicións Positivas, xunto co resto de participantes da edición.
Participou no II Torneo de Dramaturxia (2018) con As boas actrices peza que en xullo de 2020 estreou na Mostra Internacional de Teatro Cómico Festivo de Cangas xunto con Mónica Camaño e Arantza Villar. Desde hai 12 anos, é directora da compañía de teatro amador FarandOleiras Cabaré para a que escribiu numerosos espectáculos. Integra desde 2017, xunto con Carlos Santiago e Zé Paredes, o colectivo G.O.D Flavia Antonia (Grupo Oportunista de Drama). Froito deste experimento de escrita a tres mans xurdiron Acto de hixiene (2017), Poetas Suicidas (2018) e Á Mesa! (2019).