A proxección de Concepción Arenal fóra das nosas fronteiras

Mesa redonda. O mundo do porvir: Bicentenario do nacemento de Concepción Arenal Ponte (1820-2020)

A proxección de Concepción Arenal fóra das nosas fronteiras

Relatorios gravados: 6 de novembro de 2020 ás 18:00 horas
Mesa redonda
O mundo do porvir: Bicentenario do nacemento de Concepción Arenal Ponte (1820-2020)

A proxección de Concepción Arenal fóra das nosas fronteiras

Relatorios gravados: 6 de novembro de 2020 ás 18:00 horas
O 31 de xaneiro de 1820 nacía en Ferrol a pensadora e escritora Concepción Arenal Ponte. Douscentos anos despois do seu nacemento, queremos conmemorar esa efeméride analizando o seu legado e valorando a súa vixencia, con rigor e tratando de evitar os anacronismos, coa finalidade de difundir a súa obra e pensamento, entre un público interesado, mais non só especializado, para que se coñeza, máis alá do seu nome e dalgunhas frases soltas descontextualizadas, e en especial aquelas ideas que, aínda hoxe, gozan de maior actualidade e interese. Realizaremos ese percorrido retrospectivo pola súa biografía e obra a través dos lugares do país que máis a marcaron: Ferrol, A Coruña e Vigo. E remataremos en Santiago de Compostela, onde daremos conta da súa proxección internacional. Queremos honrar así unha figura destacada da nosa historia cuxa fonda pegada aínda permanece.

A proxección de Concepción Arenal fóra das nosas fronteiras
Non existe constancia ningunha de que Concepción Arenal saíse en toda a súa vida do territorio español; porén, o seu nome e boa parte das súas obras viaxaron con frecuencia por moitos países. En Compostela, destino de camiños de peregrinación e lugar habitual de encontro entre moitas linguas e culturas diversas, analizaremos a recepción internacional que tivo a súa obra, así como a acollida da que gozou nos países de emigración galega.
ASISTENCIA
A actividade non será presencial. Será gravada e retransmitida a través do noso web e da nosa canle en Youtube na hora indicada e logo permanecerá na Mediateca para consultas futuras.
Non é necesaria inscrición previa.
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Mesa redonda.
O mundo do porvir: Bicentenario do nacemento de Concepción Arenal Ponte (1820-2020)
A proxección de Concepción Arenal fóra das nosas fronteiras
Cando
Relatorios gravados: 6 de novembro de 2020 ás 18:00 horas
Coordinación
Celia Pereira Porto
Relator/a
Rosario Álvarez
Xosé M. Núñez Seixas
Celia Pereira Porto
Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Consello da Cultura Galega