Mesa redonda. O MUNDO DO PORVIR: BICENTENARIO DO NACEMENTO DE CONCEPCIÓN ARENAL PONTE (1820-2020)

XUSTIZA, DEREITO E LIBERDADE

Vigo - Xoves, 29 de outubro de 2020 ás 18:00 horas
Vigo
Mesa redonda
O MUNDO DO PORVIR: BICENTENARIO DO NACEMENTO DE CONCEPCIÓN ARENAL PONTE (1820-2020)

XUSTIZA, DEREITO E LIBERDADE

Vigo - Xoves, 29 de outubro de 2020 ás 18:00 horas Vigo
O 31 de xaneiro de 1820 nacía en Ferrol a pensadora e escritora Concepción Arenal Ponte. Douscentos anos despois do seu nacemento, queremos conmemorar esa efeméride analizando o seu legado e valorando a súa vixencia, con rigor e tratando de evitar os anacronismos, coa finalidade de difundir a súa obra e pensamento, entre un público interesado, mais non só especializado, para que se coñeza, máis alá do seu nome e dalgunhas frases soltas descontextualizadas, e en especial aquelas ideas que, aínda hoxe, gozan de maior actualidade e interese. Realizaremos ese percorrido retrospectivo pola súa biografía e obra a través dos lugares do país que máis a marcaron: Ferrol, A Coruña e Vigo. E remataremos en Santiago de Compostela, onde daremos conta da súa proxección internacional. Queremos honrar así unha figura destacada da nosa historia cuxa fonda pegada aínda permanece.

Xustiza, Dereito e liberdade
Vigo é o lugar onde morreu e está enterrada Concepción Arenal, mais tamén constitúe o espazo onde transcorreron os últimos anos da súa vida, co desenvolvemento dun importante traballo intelectual de madurez, até o final dos seus días, plasmado en numerosos e moi diversos traballos. Analizaremos o seu legado no ámbito xurídico, en dous dos aspectos aos que dedicou un maior esforzo de teorización: o Dereito Penal e Internacional; as súas ideas sobre o sentido das penas e a xustiza universal.

16 de outubro. Ateneo de Ferrol
23 de outubro. Fundación Luís Seoane, A Coruña
29 de outubro. MARCO, Vigo
6 de novembro. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela
Ficha técnica
Mesa redonda.
O MUNDO DO PORVIR: BICENTENARIO DO NACEMENTO DE CONCEPCIÓN ARENAL PONTE (1820-2020)
XUSTIZA, DEREITO E LIBERDADE
Data
Vigo - Xoves, 29 de outubro de 2020 ás 18:00 horas
Lugar

Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Príncipe, 54
36202, Vigo

Coordinación
Celia Pereira Porto
Relator/a
Eloy Gayán Rodríguez
Celia Pereira Porto
Gonzalo Quintero Olivares
Colabora
Ateneo Atlántico
Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Consello da Cultura Galega