Os actos da inercia (proxecto Teorema) de Javier Martín

Festival de Filosofía

Os actos da inercia (proxecto Teorema) de Javier Martín

Venres, 25 de setembro ás 19:00 horas
Santiago de Compostela
Artes escénicas
Festival de Filosofía

Os actos da inercia (proxecto Teorema) de Javier Martín

Venres, 25 de setembro ás 19:00 horas Santiago de Compostela
Intervención artística que busca interlocutores, un suceso que dialoga coa contorna específica ou espazo que o acolle enriquéndose dos significados e cargas que o lugar desprende.
Unha coreografía do efémero que se basa nos rigores da improvisación a nivel de movemento, implementando o traballo corporal e sonoro sintetizado previamente na cámara anecoica.
Desde o punto de vista performativo a propia praxe da peza sería a consumación das experimentacións previas: bailaríanse las texturas de movemento elaboradas e descubertas no laboratorio.
Un solo de danza de Javier Martín con música en directo de Artur MPuga xerada co sintetizador modular. O encontro péchase cun debate con filósofo Brais Arribas a través dos conceptos e metodoloxías postas en práctica.


ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (40 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Reserva de entradas dispoñibles en www.reservas.gal

As reservas comezan o venres, día 18 de setembro, ás 10:00 horas.

Se as previsións metereolóxicas son boas ampliarase o número de entradas, estarán dispoñibles o xoves, 24 de setembro, a partir das 13 horas.


As entradas non se poden cancelar nin modificar. As reservas perden a súa validez unha vez que comeza a actividade, podendo dende ese momento ofrecer o espazo libre a outras persoas interesadas.

Máis información en:
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
LUGAR
Praza de San Martiño Pinario
Santiago de Compostela
MAÍS INFORMACIÓN
En casco de choiva, a representación realizarase no Auditorio do Museo do Pobo Galego
Ficha técnica 
Artes escénicas.
Festival de Filosofía
Os actos da inercia (proxecto Teorema) de Javier Martín
Cando
Venres, 25 de setembro ás 19:00 horas
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Praza de San Martiño Pinario
Santiago de Compostela

Participante
Brais Arribas
Artur M Puga
Javier Martín
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento (CCG)