A moda

Diálogos confinados

A moda

DIÁLOGOS CONFINADOS (9)

Luns, 22 de xuño de 2020
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
Nesta novena entrega de Diálogos confinados,
Román Padín Otero, profesor, investigador e creador, dialoga con:

Lola Dopico
Directora de ESDEMGA, profesora, investigadora e creadora na Universidade de Vigo.
Charo Froján e Alfredo Olmedo
empresaria e deseñadores da compañía D-due.

Neste noveno encontro, catro persoas do ámbito creativo e docente analizan os cambios que a pandemia e o confinamento poden arrastrar o mundo da moda. Será o consumo máis íntimo? Estaremos ante un cambio de epicentro? Asentarase a tendencia que xa se intuía os últimos anos de cara a negación da tendencia e continuidade dos produtos? Substituirase o ritmo de produción frenético e de consumo tan voraz como efémero por produtos máis sostibles e de calidade? Haberá un cambio de escenarios onde a localización dos produtos será crucial tanto por sostibilidade como por propia capacidade? Ten Galicia un posicionamento de vantaxe polas potencialidades tanto da súa localización como polos seus valores rurais, sostibles, artesáns e de mimo no trato persoal? Será capaz o ensino de compartir coñecementos nun espazo máis colaborativo? A transformación do escenario transfórmao todo e nos vindeiros anos evidenciarase se moitas das liñas abertas polas consecuencias da pandemia (e que xa se albiscaban no pasado inmediato) son transitorias ou, polo contrario, veñen para quedar.

ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
Esta serie de entregas audiovisuais, a modo de pílulas culturais, ten por obxectivo tomarlle o pulso á cultura galega nesta situación de parálise provocada pola COVID-19.
Diferentes voces dos múltiples ámbitos que abrangue o complexo sector cultural achegarannos as súas percepcións sobre a realidade que están a vivir mediante breves diálogos moderados por persoas vinculadas ao Consello da Cultura Galega. Coñeceremos así tamén as súas expectativas de futuro a curto e medio prazo e mais que medidas cren necesario adoptar para paliar os estragos que está a causar no mundo da cultura. O obxectivo é tecermos unha radiografía polifónica da cultura confinada desde Galicia, coas súas perspectivas e demandas para un futuro inmediato.
Con esta aposta, xunto cos informes que está a realizar do xeito continuo o Observatorio da Cultura Galega e co traballo xornalístico do seu portal de divulgación cultural culturagalega.gal, o Consello da Cultura Galega quérese facer eco da preocupación do mundo da cultura e contribuír a sumar propostas que enriquezan o debate sobre o futuro dun sector, o cultural, que se demostrou esencial para as nosas vidas.
Ficha técnica 
Ciclo en liña.
Diálogos confinados
A moda
DIÁLOGOS CONFINADOS (9)
Cando
Luns, 22 de xuño de 2020
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Modera
Román Padín Otero
Participante
Lola Dopico
Charo Froján
Alfredo Olmedo