11. Carmen Pena López: Paisaxismo e identidade na arte española contemporánea

Os xoves (RE)PENSAMOS

11. Carmen Pena López: Paisaxismo e identidade na arte española contemporánea

Os xoves (RE)PENSAMOS
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
A profesora Carmen Pena López reflexiona sobre paisaxe e nación e como complementaron o seu significado a partires da segunda metade do século XVIII e, xa no XIX, uniron o simbolismo de ambos conceptos pola interpretación que o romanticismo alemán primeiro e francés despois fixeron do valor que a paisaxe aportaba á identidade dos pobos: “Aquelas paisaxes románticas eran entón expresión da historia diferencial, reivindicada simbolicamente por medio da pintura deste xénero ou da literatura, así como da xeografía”.
A identidade como parte da ideoloxía nacionalista que constrúe a nación e como, neste proceso, a paisaxe se converte nun dos piares da idea nacional, xunto á raza a lingua e a historia. Para o caso español o último terzo do século XIX é o que marcará as pautas futuras, sobre todo coas achegas dos noventaoitistas e a imaxe de Castela que transmitiron á intelectualidade, chegando incluso á ditadura franquista con ocasión das bienais hispanoamericanas dos anos cincuenta. O mesmo pode aplicarse á plástica galega dos anos trinta, “cunha linguaxe dunha vangarda ecléctica e moderada que busca anovarse a partir do primitivismo inserido na cultura rural e na paisaxe”.
Nun principio foron os liberais os que interpretaron as chairas áridas do centro da península como o exemplo do carácter español, “a corrente do novo liberalismo procuraría no marco do rexeneracionismo unha nova política, para unha nova ética e unha nova estética que haberían expresar a través da identificación dunha nova imaxe da nación”, e así se refliten en pintores como Aureliano de Beruete que, seguindo a influencia de dos xermanos Rilke e Maeterlinch, procedeu a “descubrir” a España verdadeira, a do Greco, Velázquez e Goya, as paisaxes de Segovia e Toledo, o berce da España imperial “conformando a orixinalidade dunha paisaxe máis identificable coa imaxe diferente de España ca os verdes do norte”, ou a de Ignacio Zuloaga “un exemplo da identificación dos vascos naqueles tempos con Castela”, influenciado por Maurice Barrés, até chegar ás vangardas dos anos vinte cunha visión estética moderna da paisaxe española.


Paisaxismo e identidade na arte española contemporánea

Carmen Pena López, da Universidad Complutense de Madrid
MAÍS INFORMACIÓN
As circunstancias extraordinarias que estamos a vivir obrígannos a repensar e a repensármonos. Por iso, neste tempo de confinamento en que non nos podemos xuntar para Pensarmos presencialmente no Consello da Cultura Galega cada terceiro xoves de mes, imos ir ofrecendo semanalmente a visión de distintos pensadores e pensadoras sobre temas de actualidade diversa para irmos construíndo coñecemento e suscitando o necesario debate. Para isto aproveitaremos os contidos do segundo volume de O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) que acaba de ver a luz. Ao texto escrito sumaremos as gravacións das conferencias que inclúen os debates a que deron lugar, en interacción co público, entre o que se conta un selecto grupo de convidados e convidadas que tiñan acceso previo aos textos e opinión meditada. Nesta nova entrega presentamos a CARMEN PENA LÓPEZ, catedrática de Teoría e Historia da Arte Contemporánea da Universidad Complutense de Madrid..
Ficha técnica 
Ciclo en liña.
Os xoves (RE)PENSAMOS
11. Carmen Pena López: Paisaxismo e identidade na arte española contemporánea
Cando
Os xoves (RE)PENSAMOS
Onde
Santiago de Compostela
Relator/a
Carmen Pena
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento (CCG)