8. Monserrat Guibernau: os símbolos e rituais da nación

Os xoves (RE)PENSAMOS

8. Monserrat Guibernau: os símbolos e rituais da nación

Os xoves (RE)PENSAMOS

Os xoves (RE)PENSAMOS
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
A profesora Monserrat Guibernau ofreceu na conferencia “A pertenza: símbolos e rituais da nación” unha reflexión ao redor dos símbolos e da súa importancia á hora de dar forma á identidade como elementos de cohesión social e sentimental entre a cidadanía: “A pertenza a unha comunidade ou grupo lévase a efecto mediante o simbolismo e o ritual”. Ambas facetas están interrelacionadas, porque se ben o símbolo (unha bandeira, unha música, un animal...) se converte en imaxe dun grupo, os rituais que se desenvolven ao seu redor acaban por transformalo nun elemento con connotacións relixiosas. Sendo, deste xeito, un elemento posuidor dun significado único e exclusivo para aqueles que cren compartir un mesmo pasado, presente e futuro. É o que Guibernau define como “significado sentimental: Algún tipo de identificación emocional cun símbolo que está alén das definicións cognitivas e das explicacións históricas relativas á súa orixe e intención”.
Os símbolos nacionais, ao igual que os relixiosos, son sacralizados mediante rituais únicos que os converten en materia nacional: “Os símbolos representan ideas, valores, visións do mundo, todos eles definidos como cousas que importan, ata tal punto que o individuo adoita estar disposto a dar a vida por os preservar”.

Pertenza: símbolos e rituais da nación

MONSERRAT GUIBERNAU, catedrática de Ciencia Política na Universidade Queen Mary de Londres
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
As circunstancias extraordinarias que estamos a vivir obrígannos a repensar e a repensármonos. Por iso, neste tempo de confinamento en que non nos podemos xuntar para Pensarmos presencialmente no Consello da Cultura Galega cada terceiro xoves de mes, imos ir ofrecendo semanalmente a visión de distintos pensadores e pensadoras sobre temas de actualidade diversa para irmos construíndo coñecemento e suscitando o necesario debate. Para isto aproveitaremos os contidos do segundo volume de O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) que acaba de ver a luz. Ao texto escrito sumaremos as gravacións das conferencias que inclúen os debates a que deron lugar, en interacción co público, entre o que se conta un selecto grupo de convidados e convidadas que tiñan acceso previo aos textos e opinión meditada. Nesta nova entrega presentamos a MONSERRAT GUIBERNAU, da Universidade de Valencia.
Documento
Publicación
Cultura, sentido e política
Cultura, sentido e política O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) II
Ramón Máiz Suárez, Compilación. | 2019
Temáticas
Ficha técnica 
Ciclo en liña.
Os xoves (RE)PENSAMOS
8. Monserrat Guibernau: os símbolos e rituais da nación
Os xoves (RE)PENSAMOS
Cando
Os xoves (RE)PENSAMOS
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Relator/a
Montserrat Guibernau
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento (CCG)