7. Isabel Burdiel: historia, literatura e biografía

Ciclo en liña. Os xoves (RE)PENSAMOS

7. Isabel Burdiel: historia, literatura e biografía

Os xoves (RE)PENSAMOS

Os xoves (RE)PENSAMOS
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
Pode ser a literatura unha fonte válida para facer historia? O xénero biográfico achega coñecemento do pasado? As respostas a estas e outras cuestións formaron parte da intervención que a profesora ISABEL BURDIEL ofreceu na conferencia “Historia, literatura, biografía: os espazos dun diálogo”, onde reflexiona sobre as relacións cómplices entre historia, literatura e biografía. No século XIX, a novela “desempeñou un papel crucial na forxa de identidades nacionais”, reflectindo unha realidade idealizada que, sen embargo, foi a que estruturou o relato identitario das incipientes nacións creadas a carón das revolucións liberais. A idea de pasado está construída, para unha inmensa parte da cidadanía, grazas á achega que novelistas, poetas e artistas xulgaron como tradicional e autóctono, de aí que, como sostén Isabel Burdiel, sexa recomendable utilizar “a literatura en historia”, predicando ela mesma co exemplo, con traballos tan representativos como a biografía de Isabel II ou a máis recente de Emilia Pardo Bazán.


Historia, literatura, biografía: os espazos dun diálogo

ISABEL BURDIEL, catedrática de Historia Contemporánea da Universidade de Valencia
Ficha técnica
Ciclo en liña.
Os xoves (RE)PENSAMOS
7. Isabel Burdiel: historia, literatura e biografía
Os xoves (RE)PENSAMOS
Data
Os xoves (RE)PENSAMOS
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Relator/a
Isabel Burdiel
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento (CCG)