Arqueoloxía de xestión

Diálogos confinados

Arqueoloxía de xestión

DIÁLOGOS CONFINADOS (1)

Luns, 27 de abril de 2020
Santiago de Compostela
Ciclo en liña
Nesta primeira entrega de Diálogos confinados, Manuel Gago, director de culturagalega.gal, dialoga con:

Francisco Alonso Toucido
Arqueólogo Investigador predoutoral en Patrimonio Cultural pola USC, membro do grupo de investigación Síncrisis e xerente da empresa patrimonial Tempos Arqueólogos. Realizou múltiples proxectos de arqueoloxía comercial vinculados a obras públicas e privadas, así como proxectos de posta en valor, documentación e investigación de xacementos arqueolóxicos.
Mª José Bóveda Fernández
Arqueóloga profesional, xerente da empresa Gabinete de Arqueoloxía dende o ano 2003. Entre as numerosas direccións de proxectos arqueolóxicos poden destacarse as escavacións de xacementos como o túmulo 1 de Chousa Nova, en Silleda, ou o Castelo da Rocha Forte en Santiago de Compostela.

Neste encontro analizan o traballo realizado durante este tempo de parón nas escavacións e que se traduciu en traballo de gabinete, contacto con clientes e divulgación do traballo científico. Constatan que o seu traballo vai sufrir as consecuencias das novas medidas implementadas de distanciamento social tanto nas prospeccións como na divulgación xa que a fenda dixital dificulta o contacto con novos públicos. En canto ao futuro, coidan que a situación de partida xa é de por si mala porque a arqueoloxía de xestión é un sector pouco capitalizado, pero consideran que hai vías interesantes para explorar como é o das visitas patrimoniais reducidas, máis alá da explotación turística de grandes xacementos.

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
Esta serie de entregas audiovisuais, a modo de pílulas culturais, ten por obxectivo tomarlle o pulso á cultura galega nesta situación de parálise provocada pola COVID-19.
Diferentes voces dos múltiples ámbitos que abrangue o complexo sector cultural achegarannos as súas percepcións sobre a realidade que están a vivir mediante breves diálogos moderados por persoas vinculadas ao Consello da Cultura Galega. Coñeceremos así tamén as súas expectativas de futuro a curto e medio prazo e mais que medidas cren necesario adoptar para paliar os estragos que está a causar no mundo da cultura. O obxectivo é tecermos unha radiografía polifónica da cultura confinada desde Galicia, coas súas perspectivas e demandas para un futuro inmediato.
Con esta aposta, xunto cos informes que está a realizar do xeito continuo o Observatorio da Cultura Galega e co traballo xornalístico do seu portal de divulgación cultural culturagalega.gal, o Consello da Cultura Galega quérese facer eco da preocupación do mundo da cultura e contribuír a sumar propostas que enriquezan o debate sobre o futuro dun sector, o cultural, que se demostrou esencial para as nosas vidas.
Ficha técnica 
Ciclo en liña.
Diálogos confinados
Arqueoloxía de xestión
DIÁLOGOS CONFINADOS (1)
Cando
Luns, 27 de abril de 2020
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Modera
Manuel Gago
Relator/a
Francisco Alonso Toucido
María José Bóveda Fernández
Organiza
Consello da Cultura Galega