A costa do solpor europea: unha irmandade atlántica

Xornada

A costa do solpor europea: unha irmandade atlántica

Mércores, 24 de marzo de 2021
Santiago de Compostela
Xornada

A costa do solpor europea: unha irmandade atlántica

Mércores, 24 de marzo de 2021 Santiago de Compostela
Hai no mundo lugares investidos dun encanto especial polo feito de seren o punto do primeiro amencer ou solpor dunha área xeográfica. No caso de Europa ese punto non é único, debido a que as condicións de iluminación solar do planeta mudan durante o ano. Tal percorrido solar vai definindo unha serie de cinco localizacións ao longo da súa costa atlántica continental: Cabo de São Vicente e Cabo da Roca (Portugal), Costa da Morte (Galicia) e Aglapsvik e Måsøy (Noruega), irmandadas así por esta circunstancia astronómica, que lles engade un novo atractivo turístico.

Nesta xornada, ademais de debullar os detalles xeográficos, abordaranse as posibilidades de desenvolvemento turístico asociadas á singularidade que une eses lugares.
Ficha técnica
Xornada.
A costa do solpor europea: unha irmandade atlántica
Data
Mércores, 24 de marzo de 2021
Lugar

Coordinación
Jorge Mira Pérez
Relator/a
Pablo Canosa Quintáns
Nava Castro Domínguez
Xurxo Cegarra González
Santiago Garrido Rial
José Manuel Marcote
Jorge Mira Pérez
Xosé Regueira
Fernando Rey Daluz
Maite Vence
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade (CCG)

Imaxe da portada: Ana García