Concepción Arenal, a visitadora de cárceres
Proxección do filme e coloquio

Proxección. Conmemoración do 200 aniversario de Concepción Arenal

Concepción Arenal, a visitadora de cárceres
Proxección do filme e coloquio

Venres, 31 de xaneiro de 2020
A Lama, Pontevedra
Proxección
Conmemoración do 200 aniversario de Concepción Arenal

Concepción Arenal, a visitadora de cárceres
Proxección do filme e coloquio

Venres, 31 de xaneiro de 2020 A Lama, Pontevedra
CONCEPCIÓN ARENAL: ODIA O DELITO E COMPADECE O DELINCUENTE

Concepción Arenal naceu o 31 de xaneiro de 1820, en Ferrol, e faleceu o 4 de febreiro de 1893, en Vigo, onde o seu panteón destaca na entrada do cemiterio de Pereiró. Durante o ano 2020 celebraremos os douscentos anos do seu nacemento e o primeiro acto que lle dedicamos ten lugar no cárcere da Lama, compartindo coas persoas internas o coñecemento dunha figura que salienta por tentar mellorar os cárceres e dignificar as reclusas e reclusos. Foi unha muller extraordinaria que se adiantou ao pensamento feminista español do século XIX, como demostra a súa idea de que “a sociedade non pode en xustiza prohibir o exercicio honrado das súas facultades á metade do xénero humano”.

Formouse, reflexionou e traballou para liberar as mulleres da predestinación, da ignorancia e da dependencia. Desenvolveu un inxente labor intelectual e publicou preto de corenta libros, nos que criticou duramente a sociedade do seu tempo. Foi precursora na vindicación da capacidade intelectual das mulleres e o dereito a recibiren a mesma educación ca os varóns. Desde ben nova dicía que “ser muller non significa ser parva” e quería cursar estudos superiores, algo inaudito nunha muller daquela época. Contra a opinión da súa familia, comezou a asistir á universidade aos 21 anos, vestida coma un home porque as mulleres tiñan prohibido ser universitarias. Escribiu en xornais e fixo poesía, teatro, zarzuela, novela e ensaio. Entre moitas outras obras publicou Cartas a los delincuentes (1865), El reo, el pueblo y el verdugo o la ejecución de la pena de muerte (1867) ou La mujer del porvenir, un libro en que definía como debía ser a muller do futuro.

Valorada polo seu pensamento progresista e liberal, en 1864 foi nomeada visitadora de prisións de mulleres e, en 1868, inspectora de casas de corrección de mulleres. Concepción Arenal consideraba que a educación e a instrución das mulleres era fundamental pois “mentres a muller non ten outra carreira máis aló do matrimonio, os homes aprenden un oficio e as mulleres non”. Instrución que a muller debía procurar, pois ela denunciaba que os homes da súa época tiñan “inclinacións de sultáns, reminiscencias de salvaxes e pretensións de sacerdotes”. Tamén criticaba ao clero porque “en xeral, é moi ignorante, non querer á muller instruída, é mellor auxiliar, mantela na ignorancia”. O seu pensamento máis coñecido está vixente hoxe en día: “odia o delito e compadece o delincuente”, no que resume a súa percepción dos delincuentes como resultado dunha sociedade reprimida e represora, na que sempre se puxo á beira dos e das máis débiles.

A película Concepción Arenal, a visitadora de cárceres conta o que viu e como o viviu, mentres fixo ese traballo. Daquela, aínda se executaba os reos na rúa e os cárceres eran lugares repudiados, onde as persoas internas non tiñan dereitos nin respecto.
LUGAR
Centro Penitenciario A Lama
Monte Racelo s/n, 36830
A Lama (Pontevedra)
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Proxección.
Conmemoración do 200 aniversario de Concepción Arenal
Concepción Arenal, a visitadora de cárceres
Proxección do filme e coloquio

Cando
Venres, 31 de xaneiro de 2020
Onde
A Lama, Pontevedra
Enderezo

Centro Penitenciario A Lama
Monte Racelo s/n, 36830
A Lama (Pontevedra)

Organiza
Centro Penitenciario A Lama
Consello da Cultura Galega
Secretaría General de Instituciones Penitenciarias. Ministerio del Interior