Teresa Rodríguez Montañés

Pensarmos

Teresa Rodríguez Montañés

A trata de seres humanos e escravitudes do século XXI

Xoves, 28 de novembro de 2019
Santiago de Compostela
Ciclo
Pensarmos

Teresa Rodríguez Montañés

A trata de seres humanos e escravitudes do século XXI

Xoves, 28 de novembro de 2019 Santiago de Compostela

Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…. Enchemos de novos termos os andeis do noso pensamento. Asistimos a unha proliferación de palabras e conceptos para enfrontarnos a unha época convulsa. A economía do efémero demándanos respostas rápidas e simples ante problemas complexos. Pensar sen présas  ou debater ideas e visións diversas do mundo ficaron convertidas en actividades de luxo ou en ideas románticas doutros tempos. Agora todo semella moverse na inmediatez das redes. Porén, o pensamento necesita tempos de encontro, de compartir devagar perspectivas e dúbidas. 


Propoñémosvos neste ciclo de charlas, debates e intercambio de ideas un tempo compartido para a reflexión, para abordar os problemas da actualidade, para facer redes de conexións e contribuír a que sexamos un pouco máis libres. O vello dictum ilustrado, sapere aude, hoxe deveu máis necesario que nunca. “Atrévete a pensar” é un exercicio  a contracorrente, unha pequena revolución cotiá.  Quedades convidadas e convidados a un espazo compartido de reflexión e análise crítica do mundo que nos tocou vivir. Se pensar vos presta, agardámosvos cunha única condición, a predisposición a gozar das palabras compartidas.


Durante os anos 2019 e 2020 cada cuarto xoves de mes o ciclo Pensarmos ofreceranos a oportunidade de encontrarnos con nomes relevantes no pensamento actual que establecerán un diálogo tanto con integrantes da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega como co público asistente sobre temas tan vixentes como feminismo, fascismos, verdade, intimidade, investigación, precariedade ou humanismo.


16 de xaneiro de 2020: Fernando Broncano


27 de febreiro de 2020: José María Lassalle

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Ciclo.
Pensarmos
Teresa Rodríguez Montañés
A trata de seres humanos e escravitudes do século XXI
Cando
Xoves, 28 de novembro de 2019
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Carme Adán Villamarín
Inauguración
Dolores Vilavedra
Relator/a
Teresa Rodríguez Montañés
Retruca
Inmaculada Valeije Álvarez
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento (CCG)