Entre as Matemáticas e a Arte

Xornada. Entre... e a Arte

Entre as Matemáticas e a Arte

CICLO

8 de outubro de 2019
Santiago de Compostela
Xornada
Entre... e a Arte

Entre as Matemáticas e a Arte

CICLO

8 de outubro de 2019 Santiago de Compostela

A Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega vén apostando polo diálogo interdisciplinar nun ciclo nomeado "Entre... e a arte" que xa abordou os vínculos entre a arte e o pensamento e a arte e a comunicación. As Matemáticas e a Arte centran esta nova xornada que conta coa intervención de tres relevantes especialistas: Raúl Ibáñez, profesor de Matemáticas na UPV/EHU; José María Yturralde, pintor, e Ignacio Gómez de Liaño, filósofo, poeta e profesor, que analizarán, dende a óptica das matemáticas, o papel que está desempeñando esta ciencia básica na arte contemporánea.


Se ben é certo que as matemáticas estiveron relacionadas coa arte dende a Antigüidade, fixérono en gran medida como «ferramenta de cálculo». Non obstante, coa chegada da arte abstracta a comezos do século XX, a ciencia das matemáticas comezou a desempeñar un papel cada vez máis importante en dúas dimensións distintas á anterior: como fonte de inspiración e como ferramenta no proceso creativo do artista. En relación con esta última, Kandinsky xa propuxo unha arte na cal as matemáticas substituían a imaxinación.


Deste xeito, a través de exemplos concretos de artistas como Mel Boechner, Max Bill, Richard Lohse, José María Yturralde, Mario Merz ou Esther Ferrer, entre outros, poderanse ver, como elementos matemáticos, o infinito, o número pi, a sucesión de Fibonacci, os números primos, a combinatoria, a teoría de nós, a banda de Moebius, os crebacabezas xeométricos, as ecuacións matemáticas, o teorema de Pitágoras ou mesmo a cuarta dimensión.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca


Ficha técnica 
Xornada.
Entre... e a Arte
Entre as Matemáticas e a Arte
CICLO
Cando
8 de outubro de 2019
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Miguel Fernández-Cid
Jesús Pastor Bravo
Asunta Rodríguez
Relator/a
Ignacio Gómez de Liaño
Raúl Ibáñez
José María Yturralde
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)

Imaxe da portada: Manuel Quintana Martelo