A violencia sexual

Formas de violencia de xénero

A violencia sexual

Martes, 12 de novembro de 2019
Santiago de Compostela
Xornada
Formas de violencia de xénero

A violencia sexual

Martes, 12 de novembro de 2019 Santiago de Compostela

O tratamento eficaz para a erradicación dos crimes sexuais vén sendo unha preocupación da comunidade internacional, tanto polos gobernos coma polos movementos a prol dos dereitos humanos e dos dereitos específicos das mulleres. Así o consagra a Declaración Universal dos Dereitos Humanos en 1948, cando establece como dereitos a vida, a igualdade, a dignidade, a liberdade e a seguridade, o non sometemento á escravitude, torturas nin tratos crueis,  inhumanos ou degradantes, e a igual protección perante a lei.


A Convención para a eliminación de todas as formas de discriminación das mulleres —CEDAW—, ratificada en Colombia pola Lei 51, do 2 de xuño de 1981, e o seu Decreto regulamentario 1398, do 13 de xuño de 1990, establecen que a expresión “discriminación contra a muller” refírese a toda distinción, exclusión ou restrición baseada no, que teña como obxecto ou resultado menoscabar, ou anular, o recoñecemento, gozo ou exercicio dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais nas esferas política, económica, social, cultural e civil. No mesmo sentido, a Declaración das Nacións Unidas sobre a eliminación da violencia contra as mulleres vén reforzar a Convención de 1979 sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra as mulleres, cando establece a aplicación universal dos seus dereitos humanos. 


Xa que logo, as leis e normas referidas aos dereitos humanos esixen que nas investigacións e axuizamentos dos delitos de violación e violencia se cuestionen os estereotipos que menoscaben a igualdade das mulleres perante a lei. Froito destes debates, nacionais e internacionais, estase a producir unha resposta global da sociedade —desde unha conciencia feminista— con sucesivas accións de mobilización e concienciación que procuran, e conseguen, un forte impacto global na opinión pública. Velaí o caso de campañas como “Nin unha menos”, de 2015,  “Non é non“,  de 2016, “Non é abuso, é violación“ ou “Esta é a miña manda“, en 2018, que expresaron indignación e desacordo en resposta a varias actividades de índole xudicial e administrativa en acontecementos que tiveron unha marcada relevancia pública. Para maior gravidade, segundo as estatísticas, hai un incremento da violencia sexual contra as mulleres máis novas, mesmo menores de idade.


Co debate sobre a Violencia sexual que se abre nestas III Xornadas sobre Violencia de Xénero abordaranse todas as manifestacións ou accións que inciden no aumento da chamada “cultura da violación”. A trata e o tráfico sexual; a tipificación legal dos delitos de violación, abuso ou acoso; a pornografía como acceso á información sexual das e dos menores; as resolucións xudiciais; o labor administrativo gobernativo; e o papel, influencia e responsabilidade dos medios de comunicación de masas e as redes sociais, que inciden na percepción social deste fenómeno.


A violencia sexual sobre as mulleres afecta á capacidade das vítimas para tomaren unha decisión libre e auténtica que lles permita gozar, sen medos e sen atrancos, do dereito humano á integridade física e mental e mais a súa liberdade e autonomía sexual. Daquela, estas xornadas diríxense ás persoas responsables de servizos públicos, en calquera ámbito da Administración, que teñan contacto con esta problemática, quer nos servizos sociais, educativos, sanitarios, quer nos de seguridade ou doutra índole. Asemade, tamén se dirixen á cidadanía que participa no asociacionismo de mulleres, mocidade, estudantes ou similares. O obxectivo é escoitar opinións autorizadas das persoas expertas que nos achegarán argumentos para abrirmos, co público asistente e con quen o siga dunha ou outra forma, un debate inspirador e unha acción crítica cara a este grave conflito.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Xornada.
Formas de violencia de xénero
A violencia sexual
Cando
Martes, 12 de novembro de 2019
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Carmen Cajide Herves
Paz Filgueira Paz
Presenta
Rosa Arcos Caamaño
Carmen Cajide Herves
Paz Filgueira Paz
Alba María Rodríguez Díaz
Relator/a
Daisy Alcalde Monteagudo
Rosa Cobo
Miguel Lorente Acosta
Ana de Miguel Álvarez
Chis Oliveira
Ana Sanmartín López
Amada Traba
Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Consello da Cultura Galega

Imaxe da portada incluída no número 3 de