ALICIA FRAMIS E FÉLIX FERNÁNDEZ

Xornada. En modo conversa

ALICIA FRAMIS E FÉLIX FERNÁNDEZ

Arte, acción, activismo, feminismo. A arte contemporánea como ferramenta de denuncia social en prol da igualdade

18 de setembro de 2019, ás 17:30 horas
Santiago de Compostela
Xornada
En modo conversa

ALICIA FRAMIS E FÉLIX FERNÁNDEZ

Arte, acción, activismo, feminismo. A arte contemporánea como ferramenta de denuncia social en prol da igualdade

18 de setembro de 2019, ás 17:30 horas Santiago de Compostela

Pode ser a arte un berro reivindicativo de denuncia social? Pode unha acción artística poñer o foco sobre a desigualdade, a brecha salarial, o teito de cristal ou a violencia patriarcal? Pode un proxecto artístico provocar a empatía e a alteridade no público para mobilizar conciencias e propiciar unha actitude crítica? Pode unha performance facernos reflexionar sobre as novas e diversas masculinidades nun mundo dominado polo home heterosexual branco?


A Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega propón un diálogo coa artista Alicia Framis (1967, Barcelona, residente en Amsterdam, Países Baixos) e co artista Félix Fernández (1977, Viveiro, Lugo) a través da análise de diversos proxectos artísticos multidisciplinares que poñen o foco sobre cuestións de xénero, a desigualdade e a violencia, tanto nos eidos profesional e social coma no ám-bito privado.


Neste diálogo percorreremos con Alicia e Félix a súa traxectoria a través de temas e obras clave, achegándonos a dúas recoñecidas carreiras nacionais e internacionais, traballando sempre de forma crítica en prol da igualdade e dos dereitos humanos no seu laborr artístico. Coñeceremos as súas opinións e reflexións sobre diferentes cues-tións relacionadas co papel na sociedade do e da artista contemporánea e as diferen-tes dificultades atopadas por cuestións de xénero, o carácter crítico e social de moitos dos seus proxectos, poñendo de relevo multitude de conflitos que teñen que ver co xénero, coa raza, coa diversidade sexual, coa pobreza, coa comunicación, coa relación entre as persoas nun mundo globalizado e tecnolóxico etc.


A conversa será conducida por Paula Cabaleiro, comisaria e xestora cultural, con ampla experiencia no eido da igualdade, que traballou con ambos os artistas en diferentes ocasións.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os mat  eriais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Xornada.
En modo conversa
ALICIA FRAMIS E FÉLIX FERNÁNDEZ
Arte, acción, activismo, feminismo. A arte contemporánea como ferramenta de denuncia social en prol da igualdade
Cando
18 de setembro de 2019, ás 17:30 horas
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Paula Cabaleiro
Participante
Félix Fernández
Alicia Framis
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)

Imaxe da portada: Félix Fernandez,