Arquitectura institucional en Galicia

Exposición. Exposicións

Arquitectura institucional en Galicia

Santiago de Compostela, 14 - 17 de marzo de 1990
Santiago de Compostela
Exposición
Exposición Exposicións

Arquitectura institucional en Galicia

Santiago de Compostela, 14 - 17 de marzo de 1990 Santiago de Compostela

Esta exposición realizouse no contexto do Congreso Internacional de Arquitectura Institucional, promovido polo Consello da Cultura Galega e que tivo lugar no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela os días 14, 15, 16 e 17 de marzo de 1990. 


A mostra trata de ser unha selección dos máis representativos edificios e espazos de carácter público promovidos polas institucións galegas desde a aprobación do Estatuto de autonomía. Deste xeito, preséntase unha escolla de obras, a partir das propostas dunha ampla comisión, na que se recollen as diversidades de uso deste tipo de obras públicas: desde o pequeno equipamento, como o polideportivo de barrio, até a sede do Parlamento, pasando polo deseño dos espazos públicos ou pola restauración do patrimonio. Por outra banda, presentouse tamén o amplo abano de propostas arquitectónicas dos diferentes arquitectos, coa finalidade de que a mostra fose representativa da arquitectura que se estaba a producir en Galicia.

Temáticas
Ficha técnica
Exposición.
Exposicións
Arquitectura institucional en Galicia
Data
Santiago de Compostela, 14 - 17 de marzo de 1990
Lugar

LUGAR
Santiago de Compostela

Organiza
Consello da Cultura Galega