A noite está varrida da terra.150 aniversario da utilización da luz eléctrica en Santiago de Compostela por primeira vez en España

Exposición.

A noite está varrida da terra.150 aniversario da utilización da luz eléctrica en Santiago de Compostela por primeira vez en España

Igrexa da Universidade, do 17 de abril ao 30 de xuño de 2001
Santiago de Compostela
Exposición

A noite está varrida da terra.150 aniversario da utilización da luz eléctrica en Santiago de Compostela por primeira vez en España

Igrexa da Universidade, do 17 de abril ao 30 de xuño de 2001 Santiago de Compostela

Esta exposición  lembra o primeiro ensaio coa luz eléctrica realizado en España, que tivo lugar na Universidade de Santiago hai 150 anos, mostrando cales foron as circunstancias que permitiron que un evento desas características se dera nun país como Galicia e na súa universidade. Ademais a mostra ofrece unha panorámica da evolución da electricidade e das súas aplicacións, destacando o importante momento da ciencia en Galicia naquela época, caracterizada pola existencia de científicos de primeira orde e polas fructíferas relacións interdisciplinares que estableceron. O experimento desenvolvido o 2 de abril de 1851 no Paraninfo da Universidade de Santiago (Facultade de Xeografía e Historia) partiu dunha idea de Antonio Casares Rodríguez, catedrático de Química na universidade compostelá desde 1845, ano de creación da cátedra. A exposición foi organizada pola Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade do Consello da Cultura Galega co patrocinio de Unión Fenosa e da Universidade de Santiago.

LUGAR

Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Temáticas
Ficha técnica 
Exposición.
A noite está varrida da terra.150 aniversario da utilización da luz eléctrica en Santiago de Compostela por primeira vez en España
Cando
Igrexa da Universidade, do 17 de abril ao 30 de xuño de 2001
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela