Martes, 11 de xuño de 2019Santiago de CompostelaTweet
“Ao suxeito sexual non lle é accesíbel un punto de apoio externo ao dispositivo de sexualidade (nin o desexo, nin o sexo), e é só apoiándose nas normas ditadas por tal dispositivo como é posíbel opor resistencia. Actuando de forma conxunta, por exemplo, mulleres feministas e lesbianas, homes gais, persoas bisexuais, transxénero, intersexo e asexuais poden introducir colectivamente variacións nas performances de xénero que as constitúen, que darán vida a novas modalidades de recoñecemento”. Lorenzo Bernini
Pensar con Orgullo responde á necesidade de cuestionar os conceptos herdados e descubrir novos réximes de verdade, máis alá das fronteiras do patriarcado e as súas violencias. As contribucións das teorías queer e os estudos LGBTIQ no descubrimento e construción de novas visións do mundo sitúanse na galaxia da Filosofía como tradición crítica, como estímulo para transformar o mundo desde o pensamento. Nada tan pertinente hoxe como interrogarnos sobre os termos que permiten pensármonos. Quen somos nós neste século? Como chegamos a imaxinar a nosa sexualidade a través de conceptos como “macho”, “femia”, “home”, “muller”, “heterosexual”, “homosexual”, “transexual”, “DSD”? Cal é a relación entre a política e a sexualidade? Son os nosos corpos espazos de inscrición de xéneros mutantes? Cales son as propostas de futuro?
Estas son algunhas das preguntas que desde a Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega queremos propoñervos, para un debate aberto e plural, con diferentes especialistas nos estudos queer e LGBTIQ. A xornada persegue ser un espazo de encontro para revisar conceptos e imaxinar novas formas de activismo e pensamento. Novas formas de recoñecemento e articulación do político. Animádevos a pensar con orgullo!
10:15 horas Pensando a sexualidade: teorías queer Lorenzo Bernini, profesor asociado de Filosofía Política na Università degli Studi di Verona Presenta: Laura Maletta, investigadora
12:00 horas Descanso
12:30 horas A identidade desde o desexo Beatriz Suárez Briones, profesora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade de Vigo Presenta: Enrique Latorre, Universidade de Santiago de Compostela
14.00 horas Peche da sesión da mañá
16:30 horas Transidentidade e Dereito Marina Sáenz, profesora de Dereito Mercantil na Universidade de Valladolid Presenta: Cristina Palacios, presidenta de Arelas
18:00 horas Diversidade sexoxenérica e educación: máis alá da inclusión Luis Puche, investigador no Departamento de Antropoloxía Social da Universidade Complutense de Madrid Presenta: Carmen Fernández Morante, Universidade de Santiago de Compostela
19:30 horas Manual do Macho Ibérico. (De)construíndo con Elisa e Marcela Videocreación a cargo da compañía teatral A Panadaría
19:50 horas Conclusións e peche da xornada
LUGAR
LUGAR Consello da Cultura Galega Pazo de Raxoi, 2º andar Praza do Obradoiro, s/n 15705 Santiago de Compostela Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
MÁIS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal difusion@consellodacultura.gal Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca
ASISTENCIA
INSCRICIÓN A inscrición é gratuíta. O número de prazas é limitado (100 persoas). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada. Para obter o diploma é preciso asistir ao 75 % das sesións.
Lorenzo Bernini, profesor asociado de Filosofía Política na Università degli Studi di Verona Presenta: Laura Maletta, investigadora
A identidade desde o desexo
2019-06-11 12:30:00
Beatriz Suárez Briones, profesora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade de Vigo Presenta: Enrique Latorre, Universidade de Santiago de Compostela
Transidentidade e Dereito
2019-06-11 16:30:00
Marina Sáenz, profesora de Dereito Mercantil na Universidade de Valladolid Presenta: Cristina Palacios, presidenta de Arelas
Diversidade sexoxenérica e educación: máis alá da inclusión
2019-06-11 18:00:00
Luis Puche, investigador no Departamento de Antropoloxía Social da Universidade Complutense de Madrid Presenta: Carmen Fernández Morante, Universidade de Santiago de Compostela
*Este video non aparece por vontade expresa do relator Luis Puche.
Manual do Macho Ibérico. (De)construíndo con Elisa e Marcela Videocreación a cargo da compañía teatral A Panadaría
2019-06-11 19:30:00
Manual do Macho Ibérico. (De)construíndo con Elisa e Marcela Videocreación a cargo da compañía teatral A Panadaría