V Xornada sobre Bo uso e mal uso do mar: O mar das mulleres, sustentable e produtivo

Xornada. Bo uso e mal uso do mar

V Xornada sobre Bo uso e mal uso do mar: O mar das mulleres, sustentable e produtivo

Pontevedra: xoves, 11 de abril de 2019
Pontevedra
Xornada
Bo uso e mal uso do mar

V Xornada sobre Bo uso e mal uso do mar: O mar das mulleres, sustentable e produtivo

Pontevedra: xoves, 11 de abril de 2019 Pontevedra

A xornada que se presenta, en cuxa organización colabora o Consello da cultura Galega,  vai xa pola súa quinta edición, con notable éxito ata o de agora. A conferencia e o panel proposto forman parte dun conxunto de accións destina­ das a contribuir á mellora dos coñecementos necesarios para desenvolver a compren­ sión,o uso sustentable e a protección do medio mariño -de importancia estratéxica para Galicia-,e a fomentar a participación de todos os sectores interesados, neste caso,o alumnado e o profesorado da Universidade de Vigo e o público en xeral. Neste sentido, é preciso posuír coñecementos  relativos aos desenvolvementos  tecno­lóxicos existentes destinados á protección do medio mariño, perotamén en relación coas estruturas e coas imaxes sociais que repercuten nas actitudes de cara ao desenvolvemen­ to sustentable e, en particular, ao respecto do mar. Así, pois, é fundamental que desde o ámbito  educativo se propicien actitudes positivas e se dispoña de materiais didácticos axeitados para levar a cabo intervencións nas aulas.


Nesta ocasión a xornada estará dedicada a examinar e recoñecer o papeldas mulleres na xestión sustentable do mar desde todos os ámbitos. Ademais dun panel e dunha confe­rencia,a xornada incluirá a visita á exposición itinerante de divulgación, virtual e física, denominada  "Sustentabilidade do mar en feminino", promovida  pola Deputación  de Pontevedra, o Campus do Mar e a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo; así como un percorrido poia web www.marenfeminino.campusdomar.gal,na que se insiren a propia exposición,entrevistas,fotografías e documentación diversa. Como novidade, presentaranse os materiais educativos do proxecto "O mar das mulleres: sustentable e produtivo", baseado na web indicada, que se realizou baixo os auspicios da Deputación de Pontevedra.


Contarase coa participación de Ana Morillas, responsable do proxecto "Oceánicas: a muller e a oceanografía",do Instituto Español de Oceanografía e a FECYT,que se ocupa de valorar e dar a coñecer o traballo científico daquelas mulleres que investigan e investi­garon sobre os océanos.


Por outra parte,o equipo de investigación  que desenvolveu a exposición e o proxecto anteriormente  citados  dará a coñecer  o traballo  realizado  e os materiais  didácticos elaborados, nos que se lles dá visibilidade ás mulleres dedicadas aos oficios do mar e se recoñecen, entre outras, as figuras das oceanógrafas galegas Ángeles Alvariño Gonzá1ez e Aida Fernández Ríos,ao tempo que se ocupan de alertar sobre os perigos que axexan ao océano e de salientar a importancia deste para a vida no Planeta. lncídese así na alfabetización oceánica, imprescindible no ámbito educativo.


A xornada será gravada por UVIGOlV, retransmitida por streaming e estará dispoñible en vídeo na ligazón que se facilitará no seu momento.

Ficha técnica
Xornada.
Bo uso e mal uso do mar
V Xornada sobre Bo uso e mal uso do mar: O mar das mulleres, sustentable e produtivo
Data
Pontevedra: xoves, 11 de abril de 2019
Lugar

LUGAR
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Universidade de Vigo
Campus da Xunqueira, Pontevedra