O Consello da Cultura Galega acolle mañá martes a presentación do I Congreso Internacional do Teatro Galego. Trátase dunha iniciativa da Academia Galega de Teatro organizado coa colaboración de diversas institucións e asociacións sectoriais tanto de Galicia coma de fóra. O Congreso celebrarase no Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela os días 25, 26, 27 e 28 de marzo de 2020. Participan na presentación Dolores Vilavedra, secretaria do Consello da Cultura Galega quen actuará como anfitrioa; Imma António Souto, presidenta da Academia Galega de Teatro; Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña; e Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. Na rolda presentaranse os contidos e desenvolvemento diario do congreso así como a presentación da súa páxina web, tralo que quedará aberta a fase de inscricións para a participación activa e presencial en dito congreso.
Asisten:
Dolores Vilavedra, Secretaria do Consello da Cultura Galega
Imma António Souto, Presidenta da Academia Galega de Teatro
Goretti Sanmartín Rei, Vicepresidenta da Deputación da Coruña
Anxo Lorenzo, Director Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.