Sharon Roseman

Conversas Transatlánticas

Sharon Roseman

A memoria, a etnografía e as vidas das mulleres

Mércores, 10 de abril de 2019
Santiago de Compostela
Coloquio
Conversas Transatlánticas

Sharon Roseman

A memoria, a etnografía e as vidas das mulleres

Mércores, 10 de abril de 2019 Santiago de Compostela

A intervención de Sharon Roseman será en lingua galega.


A conversa con Sharon Roseman tomará como argumento inicial o libro Antropoloxía das mulleres galegas. As outras olladas (Sotelo Blanco, 2012), coordinado e traducido por ela mesma xunto co antropólogo Enrique Alonso Población. Nos diferentes artigos que compoñen esta publicación colectiva, composta a partir das olladas de nove antropólogas (e un antropólogo), preséntanse unha serie de casos de estudo, realizados en diversos lugares da xeografía galega entre 1975 e 2004, partindo de diferentes marcos teóricos e metodolóxicos. Ao longo do libro, a través dunha serie de notas introdutorias, a modo de auto-reflexión a posteriori, as autoras e o autor fan referencia aos contextos distintos nos que foron formadas, como intelectuais preocupadas pola importancia da etnografía e as relacións de xénero, en países como Bolivia, Canadá, China, Estados Unidos, Noruega, Países Baixos e Suíza.


A partir desta obra, reflexionaremos sobre as migracións, en canto marco estrutural na sociedade galega, e o seu peso e influencia nas diversas configuracións de xénero, os papeis sociais e sexuais das mulleres galegas e o mito do matriarcado, que, a pesar de ser refutado dende as ciencias sociais, aínda hoxe reaparece como argumento arredor dunha suposta singularidade das relacións de xénero na sociedade galega.


Haberá tamén lugar para unha serie de reflexións sobre a auto-etnografía e o seu uso na construción da memoria. A aplicación do punto de vista etnográfico na análise das mudanzas ocorridas nas relacións de xénero e, porén, de poder, entre homes e mulleres presenta toda unha serie de desafíos e particularidades que serán explorados na conversa.


Por último, antes de abrir un debate coas persoas participantes, serán abordados unha serie de temas que a antropóloga convidada considera “urxentes”, ligados ao emerxer do movemento feminista, á vida nas cidades e ás transformacións sociais no mundo das redes de información.


Neste ciclo de Conversas Transatlánticas o Consello da Cultura Galega ofrece un punto de encontro idóneo para que a conversa flúa, as opinións se contrasten, as ideas medren e os lazos se rearmen. Galicia, periferia da periferia europea, comezo e fin do vello continente, limita ao oeste con terras americanas. O océano non supuxo unha fronteira, senón a ponte perfecta para que mulleres e homes de ambas as beiras se atopasen e xermolase un xeito propio de ser e de sentírmonos de aquí e de alá. 

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Coloquio.
Conversas Transatlánticas
Sharon Roseman
A memoria, a etnografía e as vidas das mulleres
Cando
Mércores, 10 de abril de 2019
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Luzia Oca González
Cristina Sánchez-Carretero
Presenta
Rosario Álvarez
Luzia Oca González
Relator/a
Sharon Roseman
Organiza
Comisión de Igualdade (CCG)
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Ámbito
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)

Imaxe da portada: Anna Turbau, Mariscadoras en Boa, na ría de Noia, 1978 [recortada]. Fondo Anna Turbau, Consello da Cultura Galega