O ano internacional do sistema periódico: reflexións dende Galicia

Xornada.

O ano internacional do sistema periódico: reflexións dende Galicia

Xoves, 14 de marzo de 2019
Santiago de Compostela
Xornada

O ano internacional do sistema periódico: reflexións dende Galicia

Xoves, 14 de marzo de 2019 Santiago de Compostela

O ano 2019 foi declarado Ano Internacional do Sistema Periódico polas Nacións Unidas para conmemorar os 150 anos da publicación, por Dimitri Mendeleev, da súa táboa periódica. Ao fío desta efeméride, a Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, en colaboración co grupo de investigación CienciaNosa e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, considera oportuno facer unha profunda reflexión sobre tan importante e transcendente acontecemento. Pretende realizar unha chamada á sociedade e facer deste ano un ano frutífero para toda a ciencia galega.


En 1869 Mendeleev publicaba a súa célebre táboa periódica, na que establecía a súa ordenación dos elementos químicos até entón coñecidos. Isto marcaría un fito de gran relevancia na historia da ciencia xa que, aínda hoxe, se segue a utilizar para facer e construír a química. Por isto, as Nacións Unidas queren conmemorar tan singular acontecemento co obxectivo de que os membros da nosa sociedade, sobre todo os máis novos, coñezan e recoñezan a súa extraordinaria importancia para a ciencia. Tamén, para lembrarlle á sociedade a transcendencia que teñen no mundo actual as ciencias experimentais en xeral e a química en particular. Deste xeito, procuran destacar o papel desempeñado pola química no pasado e subliñar a súa contribución na resolución de todos os problemas que ten a nosa humanidade.


Esta xornada ten como finalidade analizar cal foi o papel desempeñado pola táboa periódica na historia da ciencia e canto achega, na actualidade, o seu coñecemento na formación dos compostos preparados cos elementos químicos que integran este instrumento valioso. Tamén pretende presentar a táboa periódica dun xeito didáctico e lúdico pero, ao tempo, rigoroso para que o alumnado chegue a comprender a súa transcendencia e a valorar, dunha maneira doada, o seu uso e a súa importancia na aprendizaxe da química.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75 % das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Xornada.
O ano internacional do sistema periódico: reflexións dende Galicia
Cando
Xoves, 14 de marzo de 2019
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Ana González Noya
Marcelino Maneiro Maneiro
Inauguración
Rosario Álvarez
Valentín García Gómez
Elena Vázquez Cendón
Presenta
Víctor F. Freixanes
Relator/a
Manuel R. Bermejo Patiño
Sergio Casas Fernández
Ramón Cid Manzano
Xabier Cid Vidal
Ánxela Gómez Doval
Isabel Pintos Barral
María Xosé Romero
Xosé Vázquez Tato
Manuel Vicente
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade (CCG)
Colabora
CienciaNOSA
CienciaNOSA
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Secretaría Xeral de Política Lingüística