18:00 horas
Presentación
18:15 horas
Entre cavernas: tecnopersoas e tecnomundos
Javier Echeverría dialoga con Carme Adán
Javier Echeverría é licenciado en Filosofía e en Matemáticas pola Universidade Complutense de Madrid. Doutor en Filosofía pola mesma universidade e Docteur d’Etat-ès Lettres et Sciences Humaines pola Université Paris-I (Panthéon-Sorbonne). Foi profesor na Universidade Politécnica de Madrid e na Universidade do País Vasco, onde obtivo por oposición a Cátedra de Lóxica e Filosofía da Ciencia. Realizou estadías investigadoras prolongadas en París, Bruxelas, Hannover, Urbana-Champaign e Reno. Desde 1995 a 2008 foi profesor de Investigación de nivel A no Instituto de Filosofía do CSIC. De 2002 a 2006 foi membro do Consello Director da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. Desde febreiro de 2008 é profesor de Investigación en Ikerbasque (Fundación Vasca para a Ciencia), adscrito ao Departamento de Socioloxía 2 da Universidade do País Vasco. É colaborador de Sinnergiak Social Innovation.
Autor de 20 obras monográficas e coeditor de 26 libros, en español, francés e inglés. Publicou máis de 100 artigos en revistas e libros internacionais e máis de 200 en revistas e libros nacionais. Dirixiu 18 teses de doutoramento. Os seus últimos libros publicados son: Knowledge Communities (coeditor con Andoni Alonso e Pedro Oiarzabal, University of Nevada, Reno, 2011), Leibniz (editor, Madrid, Gredos, 2011), La luz de la luciérnaga: diálogos de innovación social (con Ander Gurrutxaga, Madrid, Plaza y Valdés, 2012), Entre cavernas: de Platón al cerebro pasando por Internet (Madrid, Triacastela, 2013), Innovation and Values: A European Perspective (Reno, University of Reno, NV, 2014) e El Arte de Innovar: Naturalezas, Lenguajes, Sociedades (Madrid, Plaza y Valdés, 2017). É membro da International Academy of Philosophy of Science, vicepresidente de Jakiunde (Academia Vasca de Ciencias, Artes e Letras) e membro do Comité Vasco de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.
Carme Adán (Donostia, 1966) é doutora en Filosofía, ensaísta e política galega. Presidiu a Aula Castelao de Filosofía desde 1997 até 2005. Durante os anos 2005-2009 desempeñou o cargo de secretaria xeral da Igualdade no Goberno galego e entre 2007-2009 foi presidenta da Unidade Muller e Ciencia de Galicia. Durante a VIII e IX Lexislatura foi deputada no Parlamento galego polo BNG. Publicou Feminismo e coñecemento (Espiral Maior, 2003), traducida ao castelán en Espiral Maior (2006), e en 2011 recompilou en Cartografías do derrubo dous anos de actividade periodística na sección de opinión de Xornal de Galicia.
As súas publicacións máis recentes son: “Cyborg”, en Barbarismos queer e outras esdrújulas (Edicións Bellaterra, 2017), “Conceptualizar la violencia contra las mujeres: ¿una reflexión epistemológica pendiente?”, na Revista Andaluza de Antropología (2018) e “Conceptos y violencias: espacios para el debates sobre la violencia obstétrica”, en Violencia obstétrica (Tecnos, 2018). En novembro de 2018 publicou Feminicidio. Unha nova orde patrialcal en tempos de submisión na editorial Galaxia, reimpreso en xaneiro de 2019 e en breve será publicado en castelán por Edicións Bellaterra. Na actualidade exerce como catedrática de Filosofía no IES Politécnico de Vigo e coordina a Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.