As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega

Xornada

As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega

Martes, 16 de outubro de 2018
Santiago de Compostela
Xornada

As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega

Martes, 16 de outubro de 2018 Santiago de Compostela

Dentro do campo das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), as tecnoloxías da fala e a linguaxe teñen unha importancia especial como ferramentas que facilitan que a comunicación entre persoas estea por riba das barreiras idiomáticas. Permiten a comunicación falada coas aplicacións informáticas e contribúen á redución da fenda dixital na poboación e ao desenvolvemento dunha sociedade dixital inclusiva.


O obxectivo desta xornada é mostrar o estado da cuestión en dous aspectos relevantes das tecnoloxías lingüísticas: o campo da transcrición automática de voz a texto, como elemento fundamental para mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade auditiva aos contidos audiovisuais, e o campo da tecnoloxía do procesado de linguaxe natural como axente facilitador de medios en galego.


O desenvolvemento de aplicacións para unha lingua depende grandemente da dispoñibilidade de tecnoloxía e recursos. En xeral, é necesario aumentar de forma continuada o número, a calidade, a variedade e a dispoñibilidade dos recursos lingüísticos e ferramentas que dan soporte ás aplicacións. Por iso, dedicaremos espazo na xornada a tratar a situación do galego.

Ficha técnica
Xornada.
As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Data
Martes, 16 de outubro de 2018
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Carmen García Mateo
Inauguración
Rosario Álvarez
Valentín García Gómez
Relator/a
Francisco Armero Real
Lourdes Lorenzo
Pedro J. Moreno
José Ramom Pichel Campos
Arantza del Pozo
Pablo Romero-Fresco
Belén Ruiz Mezcúa
Colabora
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Organiza
Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)