O Consello da Cultura Galega presenta a publicación “Os exilio ibéricos: unha ollada comparada”
Mañá mércores, 15 de novembro, o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, e o profesor Xosé Manuel Núñez Seixas presentan a publicación “Os exilios ibéricos: unha ollada comparada”. Na rolda de prensa darán conta da relevancia deste libro que analiza as características e o contexto que levaron ao galeguismo da diáspora a constituír en Montevideo, un 15 de novembro de 1944, o Consello de Galiza.
Datos da presentación
Organiza: Consello da Cultura Galega
Data: Mércores, 15 de novembro de 2017
Lugar: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Hora: 12:00 horas
Asisten:
Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega
Xosé Manuel Núñez Seixas, coeditor da publicación