Entre o pensamento e a arte

Xornada. Entre... e a Arte

Entre o pensamento e a arte

Ciclo ENTRE... E A ARTE

Martes, 28 de novembro de 2017
Santiago de Compostela
Xornada
Entre... e a Arte

Entre o pensamento e a arte

Ciclo ENTRE... E A ARTE

Martes, 28 de novembro de 2017 Santiago de Compostela

Este ciclo analiza a relación da arte con outros campos de coñecemento, pero non ao estilo tradicional, tendo como emisor a arte, senón á inversa: interésanos saber como se achegan e ven a arte e a creación desde pensamentos máis ou menos estruturados. Destacados especialistas contarán o seu modo de achegarse á arte, colaborando con artistas ou realizando propostas de claro compoñente creativo. A dirección dos relatos non é desde, senón cara á arte, de xeito que é posible percibir distintas metodoloxías de achegamento e, posiblemente, análises e xuízos ben distintos. Non se trata dun intercambio de posición entre artistas e axentes implicados na arte, senón dunha recepción desde a arte dos criterios e maneiras de enfocar que teñen pensamentos alleos á xeración de obra artística.


Nesta primeira sesión, Entre o pensamento e a arte, reunimos tipos de pensamentos filosóficos ou intelectuais que tratan sobre a arte, pero que non son exclusivamente estéticos senón máis globais. Formulámoslles como punto de partida a idea de tradución: dunha lingua a outra, dunha imaxe visual a un relato, dunha proposta literaria a unha obra visual, ou a análise do propio sentido da tradución.


Un tradutor que sabe e controla a súa propia tradución, a súa profesión; un creador literario con demostradas capacidades reflexivas e expositivas ou un teórico especializado na para-tradución deben expoñer enfoques complementarios e suscitar debates. Ao fin e ao cabo, podemos pensar o artista como un suxeito tradutor, doador de sentido, que como executante da tradución nunca é inocente, porque a tradución nunca o é. Ou a lectura como unha nova escrita e unha nova interpretación… O relato está sempre aberto.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75 % das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Xornada.
Entre... e a Arte
Entre o pensamento e a arte
Ciclo ENTRE... E A ARTE
Cando
Martes, 28 de novembro de 2017
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Miguel Fernández-Cid
Jesús Pastor Bravo
Asunta Rodríguez
Relator/a
José Jiménez
Tom Skipp
José Yuste
Organiza
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)

Imaxe: Manuel Quintana Martelo