O Antropoceno e a "Grande Aceleración"

Xornada

O Antropoceno e a "Grande Aceleración"

Unha ollada desde Galicia

Xoves, 23 de novembro de 2017
Santiago de Compostela
Xornada

O Antropoceno e a "Grande Aceleración"

Unha ollada desde Galicia

Xoves, 23 de novembro de 2017 Santiago de Compostela

A finais do mes de agosto de 2016, o grupo internacional de traballo sobre o Antropoceno (AGW) emitiu no 35th International Geological Congress un informe provisional favorable a que o Antropoceno fose considerado como unha nova época xeolóxica  diferenciada do actual Holoceno, que comezou hai 11.700 anos. Aprobouse, así mesmo, que o sinal estratigráfico máis acaído sería o contido en plutonio dos solos como consecuencia das emisións das probas atómicas e que, polo tanto, o seu comezo debería situarse en 1950. Esta nova época representaría, segundo Paul Crutzen (que foi quen propuxo o nome no ano 2000), a etapa en que a actividade humana se convertería nun factor de primeira magnitude na modificación dos procesos xeolóxicos da Terra.


Á marxe do interese científico e da controversia que suscitou esta decisión (centrada sobre todo na delimitación cronolóxica desta época), o certo é que o ano 1950 coincide tamén  cos inicios da denominada "Grande Aceleración" (Steffen, IGBP 2004). Isto está en relación co consumo exponencial dos recursos terrestres pola Humanidade, o que, pola súa vez, ten repercusión no cambio en determinados indicadores da saúde ambiental do Sistema Terra.


O conxunto destas dúas nocións (Antropoceno e "Grande Aceleración") amósanos, quizais como nunca se fixera ata agora, o carácter insostible destas relacións entre as actividades socioeconómicas da Humanidade e as respostas do Sistema Terra. A  ameaza de sobrepasar determinados límites de sustentabilidade nunca se mirou como tan evidente e tan preto de nós.


Estimamos que estes feitos, motivo de importantes debates e reflexións nos medios académicos nos últimos anos e tamén recollidos con moito interese polos medios de comunicación, tiveron pouca repercusión en Galicia. Por esta razón proponse esta xornada centrada nestes dous temas (Antropoceno e "Grande Aceleración"), moi vencellados entre si, cronolóxica e funcionalmente. 


Esta actividade xira arredor de dous eixes. Por un lado, haberá unha presentación da problemática global desta cuestión a cargo de expertos españois e, polo outro, abordarase unha revisión de como cambiaron os indicadores da "Grande Aceleración" (socioeconómicos e do sistema biolóxico) en Galicia. 

Ficha técnica
Xornada.
O Antropoceno e a "Grande Aceleración"
Unha ollada desde Galicia
Data
Xoves, 23 de novembro de 2017
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Participante
María Teresa Barral
Alejandro Cearreta
Fernando Cobo Gradín
Beatriz Corbacho
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Xoán Doldán
Lourenzo Fernández Prieto
Pedro Galán
Pablo Ramil
Eduardo Rico Boquete
Jorge Riechmann
Xan Rodríguez Silvar
José María Tubío Sánchez
Carlos Vales
Organiza
Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade (CCG)