Galicia-Bretaña: un enfoque comparado de dous finisterrae europeos

Congreso. Galicia-Bretaña

Galicia-Bretaña: un enfoque comparado de dous finisterrae europeos

30 e 31 de outubro de 2017
Santiago de Compostela
Congreso
Galicia-Bretaña

Galicia-Bretaña: un enfoque comparado de dous finisterrae europeos

30 e 31 de outubro de 2017 Santiago de Compostela

Os fisterres europeus teñen entre si unha parentela que é algo máis que xeográfica.  Acontece con Irlanda ou Escocia, pero tamén con Bretaña. Unha inmigración de orixe bretona instalouse na alta idade media nas rexións setentrionais de Galicia e unha constante relación  por mar foi mantida entre os portos galegos e os bretóns. Alén destas relacións, un fondo etnocultural une a estes dous fisterres, desde o celtismo ou a relixiosidade, ata monumentos como as pedras fitas e os cruceiros de pedra ou “calvarios”.


Autores bretóns como Chateaubriand ou E. Renan foron leituras de cabeceira para intelectuais da xeración Nós e a Bretaña viaxaron, física ou literariamente, figuras como Alfonso D. Castelao ou Ramón Otero Pedrayo. A “materia de Bretaña” inspirou a moitos escritores galegos e un narrador e poeta como Álvaro Cunqueiro situou en terras bretonas as andanzas do sochantre de Pontivy, antes de visitar persoalmente os lugares creados no seu maxín literario. Logo da literatura veu a música como correa de transmisión  das culturas galega e bretona, con constantes presenzas en festivais organizados en ambas terras.  Agora chega a hora da reflexión e da investigación.


Sobre este fondo común, e proseguindo iniciativas do Consello da Cultura Galega como os congresos sobre Galicia-Irlanda ou Galicia-Finlandia,  este ano organizamos un congreso Galicia-Bretaña, con un enfoque comparado, que aspiramos a que marque unha axenda de colaboracións permanentes. Para este congreso, contamos coa colaboración da Université de Rennes-2 e coa presenza entre nós de distinguidos investigadores de varias universidades bretonas, que se verán acompañados por unha nutrida nómina de expertos galegos procedentes  tamén de varias universidades. 


 


[carte postale], Quimper, Finisterre, 1928


Querido Filgueira: Unha aperta dende Bretaña. O Museo de Quimper chámase “Musée departamental breton” “Museo provincial gallego”. Eiqui todo é bretón, todo, todo, todo. E rézase en bretón en saindo das grandes ciudades. Esqueciame decirche que os museos todos de Paris conservan os fascistelos que tiñan e que apenas se vén grabados con marcos (coido que non vin ningún). 


Lembranzas a teus país da miña muller e miña. Teu decote bo amigo.


Castelao

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia ao congreso.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.


VISITA A MONDOÑEDO
Para a visita á cidade de Mondoñedo o 1 de novembro, habilitarase un servizo de transporte gratuíto con saída de Santiago de Compostela pola mañá e regreso pola tarde. Se tes interese e queres recibir máis información, deberás remitirnos un correo a difusion@consellodacultura.gal 

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705, Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205


No Congreso haberá un servizo de tradución simultánea

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Programa
Publicación
Galicia-Bretaña
Galicia-Bretaña Olladas Comparadas
Ramón Villares, Edición. Christine Rivalan Guégo, Edición. Jean François Botrel, Edición. | 2020
Ficha técnica 
Congreso.
Galicia-Bretaña
Galicia-Bretaña: un enfoque comparado de dous finisterrae europeos
Cando
30 e 31 de outubro de 2017
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705, Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205


No Congreso haberá un servizo de tradución simultánea

Coordinación
Jean François Botrel
Christine Rivalan Guégo
Ramón Villares
Inauguración
Olivier David
Román Rodríguez González
Ramón Villares
Relator/a
Jean François Botrel
Miguel Cabo Villaverde
Sébastien Carney
Lourenzo Fernández Prieto
Philippe Jarnoux
Jesús de Juana
María Xesús Lama López
Ronan Le Coadic
Rubén C. Lois González
Edelmiro López Iglesias
María Xesús Nogueira
Xosé M. Núñez Seixas
Armando Requeixo
Christine Rivalan Guégo
Claudio Rodríguez Fer
Pegerto Saavedra Fernández
Ramón Villares
Organiza
Acción exterior do Consello da Cultura Galega
Université Rennes 2
Université Rennes 2