O réxime económico do matrimonio no Dereito Civil de Galicia: Unha posible reforma

Mesa redonda

O réxime económico do matrimonio no Dereito Civil de Galicia: Unha posible reforma

Xoves, 5 de outubro de 2017
Santiago de Compostela
Mesa redonda

O réxime económico do matrimonio no Dereito Civil de Galicia: Unha posible reforma

Xoves, 5 de outubro de 2017 Santiago de Compostela

A Lei de dereito civil de Galicia, en liña co que establece o Código civil, fixa como réxime económico do matrimonio, con carácter supletorio, o réxime de gananciais.


Na realidade social de 1889, cando se promulga o Código civil, con roles social e legalmente perfectamente diferenciados para cada un dos cónxuxes, atribuíndolle ao esposo a administración do patrimonio, sustento da familia e fixación do domicilio conxugal e quedando a esposa sometida á autoridade marital, coa función de procreación e coidado dos fillos, era o réxime de gananciais o que mellor garantía os dereitos dunha muller “capitis diminutio”.


Cabe preguntarse se na realidade social de hoxe, con absoluta igualdade legal entre homes e mulleres e cun matrimonio disoluble por divorcio, resulta razoable que, sen información ningunha aos contraentes e sen pedir a súa opinión, aparezan logo casados en réxime de gananciais. Ou se, pola contra, é preferible un cambio de lexislación que dea prelación ao réxime de separación fronte ao de gananciais, para o suposto de que os contraentes nada digan ao respecto?

Ficha técnica
Mesa redonda.
O réxime económico do matrimonio no Dereito Civil de Galicia: Unha posible reforma
Data
Xoves, 5 de outubro de 2017
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Participante
Domingo Bello Janeiro
Fernando Lorenzo Merino
Xesús Palmou Lorenzo
Ángel Rebolledo Varela
Colabora
Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación
Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación
Organiza
Fundación Castelao
Fundación Castelao